martes, 13 de mayo de 2008

I CERTAME DE INTÉRPRETES MOZOS "HERNÁN NAVAL" en Ribadeo 2008








O I Certame de Intérpretes Mozos “Hernán Naval” quere converterse nun referente da música a nivel comarcal e autonómico. Unha oportunidade para mozas e mozos de diferentes puntos de Galicia, do conxunto do Estado ou incluso Portugal que queiran amosar as súas destrezas musicais nunha vila ben chegada, dende sempre ao mundo da música. Trátase dun xeito de achegar ás mozas e mozos participantes a posibilidade de actuar nun auditorio e diante dun xurado formado por grandes nomes da música co obxectivo de que podan amosar o traballo realizado ao longo da súa carreira musical. Un xeito de recoñecer o seu traballo e de posibilitarlles o contacto con profesionais do mundo da música e con outros mozos e mozas de maneira que podan se podan intercambiar experiencias ao longo da súa estancia en Ribadeo.
Ademais este I Certame de Intérpretes Mozos “Hernán Naval” debería servir como un xeito de reivindicar a figura dunha persoa tan vencellada ao mundo da pedagoxía musical como foi ao longo da súa carreira Hernán Naval Parapar. Será tamén un bo escenario para que as mozas e mozos participantes coñezan obras orixinais compostas por autores galegos, sendo este certame unha xeito excepcional para que tamén os autores noveis que hai no país teñan o seu oco nos atrís dos alumnos e alumnas das Escolas e Conservatorios.
Debería ser un xeito tamén de achegar a música clásica e o traballo que se fai nas Escolas e Conservatorios ao público de xeito que o coñezan e así, se fose do seu interese, poder emprender unha “aventura” musical, tendo en conta que nunca é tarde para comezar a estudar música.
Aquí podedes baixar ou pedir as BASES e o BOLETÍN DE INSCRICIÓN.
Info:

O MES DE MAIO, NA E.M.M.eD. DE RIBADEO

  • Día 6 de maio, AUDICIÓN DE CANTO E CORO, ás 20:30h na Escola.
  • Día 8 de maio, AUDICIÓN DE SAXOFÓN E ACORDEÓN, ás 20:30h na Escola.
  • Día 12 de maio, CONCERTO DAS LESTRAS GALEGAS, polos alunos/as da E.M.M.eD., ás 20:30h no IES DIONISIO GAMALLO FIERROS.
  • Día 16 de maio, CONCERTO DIDÁCTICO, ás 11:00h no CEIP DE A PONTENOVA.
  • Día 16 de maio, ACTUACIÓN do GRUPO DE BALLET, no "III FESTIVAL A FAVOR DE LA LUCHA CONTRA EL CANCER", ás 20:30h no AUDITORIO MUNICIPAL HERNÁN NAVAL DE RIBADEO.
  • Día 17 de maio, CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS, pola BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO, ás 20:30h no IES DIONISIO GAMALLO FIERROS.
  • Día 18 de maio, FESTIVAL DE BANDAS de "A ESTRADA", ás 19:ooh.
  • Día 25 de maio, CONCERTO EN FONSAGRADA, pola BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO, ás 12:30h, na Praza Municipal.
  • Día 25 de maio, PROCESIÓN DE CORPUS, pola BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO, ás 19:00h en Ribadeo.
  • Día 26 de maio, CONCERTO DIDÁCTICO, ás 11:00h no AUDITORIO MUNICIPAL HERNÁN NAVAL DE RIBADEO.
  • Día 29 de maio, AUDICIÓN DE PIANO, ás 20:30h na Escola.
  • Día 31 de maio, FESTIVAL DE BANDAS de "VILLAVICIOSA" (Asturias), ás 18:00h.

Exames de Instrumento:

  • De 19 ata 24 de maio, todolos días ás 16:30h na aula 2.

AVISO IMPORTANTE:

  • Xa se encontran abertas as Pré-Matriculas (soamente para os alunos/as que están matriculados no curso 2007/2008).

miércoles, 9 de abril de 2008

AQUÍ ESTÁ O CAMPAMENTO MUSICAL RIBADEO 2008!!! ANIMÁDEVOS



Por mor da elevada demanda de información que se está recibindo na Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo de xente de fóra da provincia e incluso de fóra de Galicia para participar no III Campamento Musical de Verán Ribadeo 2008, que se vai celebrar entre os días 4 e 14 de agosto, a Asociación Amadores da Música informa que as e os que o desexen poden descargar deste blog a folla de inscrición para participar na actividade.

O prezo da inscrición no III Campamento Musical de Verán Ribadeo 2008 é de:socios e fill@s de socios da Asoc. Amadores da Música: 125 euros; non soci@s: 250 euros. Os cartos deben ser ingresados na conta 0081-5420-32-0001078608 no Banco Sabadell Atlántico de Ribadeo ou 2091-0140-61-3040014967 na Caixa Galicia de Ribadeo. As contas están a nome da Asociación Amadores da Música e no concepto deben indicar Campamento Musical 2008.

O proceso é o seguinte:
1- Preman na imaxe para facela máis grande
2- Cubran os seus datos persoais
3- Remitan o boletín cuberto, o xustificante de ingreso da cota de inscrición e o xustificante de matrícula no centro musical onde estude ao seguinte enderezo:

Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo
R/Clemente Martínez Pasaron (Casa do Mar) baixo
27700 - Ribadeo (Lugo)
ou ben a través do: FAX 982 120 589

Para máis información non dubiden en chamar aos teléfonos 982130856/982120589/629881930 ou ben escriban un e-mail ao enderezo electrónico musiqueando_ribadeo@hotmail.com

martes, 1 de abril de 2008

DATAS DE INTERESE 3º TRIMESTRE





  • 14 abril - Concerto didáctico. 10:30 h. Auditorio Municipal Hernán Naval



  • 1-3 maio - Ponte do 1 de maio



  • 12 maio - Concerto das Letras Galegas. 20:30 h. Claustro da EMMeD



  • 16 maio - Concerto didáctico en A Pontenova. 12:00 h.



  • 19-24 maio - EXAMES FINAIS INSTRUMENTO



  • 2-4 xuño - EXAMES LINGUAXE MUSICAL



  • 7 xuño - EXAMES BALLET



  • 27 xuño - Remate das clases



  • 27 xuño - FESTIVAL FIN DE CURSO. 20:00 h. Auditorio Municipal Hernán Naval

jueves, 27 de marzo de 2008

AUDICIÓNS DO MES DE ABRIL






Audicións na Escola Municipal:

  • Audición de CLARINETE - Día 9 de Abril, ás 20:30h.

  • Audición de OBOE/FAGOTE e FRAUTA - Día 17 de Abril, ás 20:30h.

  • Audición de VIOLÍN/VIOLA - Día 23 de Abril, ás 20:30h.

  • Audición de PIANO - Día 30 de Abril, ás 20:30h.

Actuación no Auditorio Municipal:


  • Actuación de BALLET/DANZA - Día 29 de Abril, ás 20:30h.

Concertos exteriores:

  • MÚSICA DE CÁMARA - Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo, día 9 de Abril, ás 19:00h.

  • CONCERTO DIDÁCTICO - Auditorio Municipal Hernán Naval, día 14 de Abril, ás 10:30h.


Dende a Direción da EMMeD, agardamos a túa participación.

viernes, 29 de febrero de 2008

ACTIVIDADES DURANTE O MES DE MARZO


No mes de marzo a EMMeD e a Banda Municipal de Música de Ribadeo realizarán diversas actividades que a continuación enumeramos:



  • 3 marzo ás 20:30 h., na escola, audición de guitarra

  • 4 marzo ás 20:30 h., na escola, audición de piano

  • 7 marzo ás 20:30 h., no Forte de San Damián, inauguración de Mariñarte

  • 11 marzo ás 20:30 h., na escola, audición de trompeta, trompa, trombón e bombardino

  • 17 marzo, a BMM gravará unha secuencia da película "Los muertos van deprisa"

  • 17-20 marzo, intercambio musical coa Escola Profissional de Arte de Mirandela (Portugal)

  • 19 marzo, ás 21:00 h., na Igrexa Parroquial, Concerto de Semana Santa da BMM coa colaboración da Brass Band Esproarte

  • 21 marzo, a BMM realizará a procesión do Santo Enterro

lunes, 25 de febrero de 2008

¡¡¡ATENCIÓN!!! CAMBIO DE DATAS

Por motivos de forza maior , as Audicións dos alumnos de Guitarra e Piano que se ían realizar esta semana, aprázanse ata a semana que ven. As datas son:

  • Luns 3 de marzo: Audición de Guitarra
  • Martes 4 de marzo: Audición de Piano

Desculpade as molestias e agradecemos a vosa comprensión.

viernes, 8 de febrero de 2008

Audicións de Febreiro da E.M.M.e D. Ribadeo


As próximas audicións dos alunos/as da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo serán:


  • Día 14 de Febreiro do 2008, ás 20:30h - Audición de Percusión

  • Día 25 de Febreiro do 2008, ás 20:30h - Audición de Guitarra

  • Día 26 de Febreiro do 2008, ás 20:30h - Audición de Piano

Tódalas audicións se realizarán no claustro da E.M.M.e D. Ribadeo.





miércoles, 6 de febrero de 2008

CONCERTO DE ANTROIDO 2008



A Casa do Mar acollerá mañá xoves ás oito e media da tarde o Concerto de Antroido da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo. Arredor de medio cento de alumnas e alumnos do centro participarán mañá nesta actividade á que están convidados todos o pais e nais así como todos os veciños da vila. Tan só hai unha 'obriga', vir disfrazados e con gañas de pasalo ben. A música e as sorpresas corren por conta das agrupacións da EMMeD de Ribadeo.

martes, 8 de enero de 2008

DATAS DE INTERESE 2º TRIMESTRE






Días festivos e non lectivos:




  • 4 - 5 FEBREIRO: Antroido

  • 7 FEBREIRO: Concerto de Antroido da EMMeD. 20:30 h. na Escola

  • 14 MARZO: Comezo das vacacións

  • 25 MARZO: Comezo das clases 3º trimestre

jueves, 27 de diciembre de 2007

Concierto "Aqui como en Viena".



La Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá el sábado 29 Deciembre, a las 20:30h, en el Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo, su tradicional concierto de Navidad, el denominado "Aquí como en Viena".



El Director, Músicos y Directiva de la B.M.M.R., desean a todos unas felices fiestas y un próspero Año 2008.




lunes, 17 de diciembre de 2007

A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA DE RIBADEO, PREPARA O SEU TRADICIONAL FESTIVAL DE NADAL.


A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o venres, día 21 de Decembro, ás oito do serán, o seu festival de Nadal. Ao longo das 2 horas que dura o espectáculo pasarán por riba do escenario de Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo, máis de 260 alumnos e alumnas da Escola e algunha que outra sorpresa, para ofrecer un espectáculo que o director do centro, Lourenço Cruz calificou como “sorprendente e ilusionante”.


Como novidades da edición deste ano a EMMeD de Ribadeo vai facer entrega dos premios aos alumnos/as que participarán na exposición de instrumentos musicais caseiros, e tamen se fará entrega do premio ao gañador/a, do “I Concurso de deseño do cartel para o Festival de Nadal”.


Unha vez mais, Lourenço Cruz mostrouse moi ilusionado de cara o festival tanto “polo importante número de nenos e nenas que van participar como polo papel dos pais e nais, que mañá terán un protagonismo especial, e espera que com estas actividades cada vez sexan mais”.


Por lo tanto, dende a Direción da EMMeD, esperamos a tua participación, para que cada vez sexamos mais apoiando este proxecto, en que estamos formando culturalmente os nosos alumnos/as, e tamén facendo que se divirtan con estas formosas artes que é a MÚSICA E A DANZA.

sábado, 1 de diciembre de 2007

DATAS DE INTERESE 1º TRIMESTRE



Días festivos e non lectivos:






  • 6 - 8 Decembro - Ponte da Constitución.
  • 6 Decembro - Audición no "MERCADO DE NADAL", ás 12:00h.
  • 8 Decembro - Audición no "MERCADO DE NADAL", ás 12:00h.
  • 10, 11 e 12 Decembro - Exames de linguaxe musical.
  • 10, 11, 12, 13, 14, e 15 Decembro - Exames de instrumento.
  • 15 Decembro - Exames de ballet e danza.
  • 21 Decembro - FESTIVAL DE NADAL, no Auditorio, ás 20:30h.
  • 22 Decembro - Vacacións.
  • 29 Decembro - "AQUI COMO EN VIENA", no Auditorio, ás 20:30h.
  • 8 Xaneiro - Comezo das clases.

jueves, 29 de noviembre de 2007

CONCURSO DE DESEÑO DO CARTEL PARA O FESTIVAL DE NADAL


O DEBUXO GAÑADOR, RECIBIRÁ UN AGASALLO E SERÁ A IMAXE DO CARTEL E DOS PROGRAMAS.



BASES: - Ser alumno/a da EMMeD no presente curso.

- Só se aceptarán 2 traballos por alumno.

- Entregar en Dirección, antes do 11 de Decembro.

- Os traballos deberán ser entregados en formato dixital.

- A temática elixida deberá ter relación coa música, danza e o nadal.

- Haberá un único gañador.

jueves, 28 de junio de 2007

Espectáculo, sorpresas e moita diversión no Festival de Fin de Curso da EMMeD de Ribadeo


A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra mañá venres, día 29 de xuño, ás oito e media do serán, o seu festival de fin de curso. Ao longo da hora e media que dura o espectáculo pasarán por riba do escenario de Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo, máis de 250 alumnos e alumnas da Escola para ofrecer un espectáculo que o director do centro, Lourenço Cruz calificou como “sorprendente e ilusionante”.

Como novidades da edición deste ano a EMMeD de Ribadeo vai presentar no festival o grupo de clarinetes, unha formación que nace coa vontade de converterse en estábel e na que participan arredor de 20 instrumentistas. A outra gran novidade da noite vai ser a importante presenza das nenas de ballet no espectáculo, coa interpretación de 4 coreografías de diferentes estilos.

Un grupo de guitarras, unha agrupación formada por 80 nenos e nenas de iniciación á música, un grupo de música mixto para interpretar música rock, unha agrupación instrumental que recolle todas as especialidades que oferta o centro e un coro son o resto de formacións que actuarán mañá no festival de clausura do curso na EMMeD de Ribadeo.

O director do centro destacou que no festival “vaise poder ver música de todo tipo e de todos os estilos, formacións convencionais e outras creadas de xeito directo para o festival coa intención de que os nenos e nenas, os pais e nais e o público coñezan as enormes posibilidades que ofrecen tanto a música coma o ballet”.

Lourenço Cruz mostrouse moi ilusionado de cara o festival tanto “polo importante número de nenos e nenas que van participar como polo papel dos pais e nais, que mañá terán un protagonismo especial”.

Prazos de matrícula
A EMMeD de Ribadeo abrirá o próximo luns día dous de xullo, entre as 12.00 e as 14.30 horas, nas dependencias da Casa do Mar, o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2007/08. Para inscribirse tan só é preciso levar o número de conta e cubrir o impreso correspondente.

jueves, 31 de mayo de 2007

Máis datos sobre o campamento

En primeiro lugar pedir desculpas porque na entrada anterior colgouse toda a información agás o número de conta para ingresar os cartos e as taxas que se deberán aboar á hora de formalizar a matrícula.

O prezo da inscrición no II Campamento Musical de Verán Ribadeo 2007 é de:

socios e fill@s de socios da Asoc. Amadores da Música: 100 euros

non soci@s: 200 euros

Os cartos deben ser ingresados na conta 0081-5420-32-0001078608 no Banco SabadellAtlántico de Ribadeo.
A conta está a nome da Asociación Amadores da Música e no concepto deben indicar Campamento Musical 2007.

jueves, 24 de mayo de 2007

IMPORTANTE: Inscrición para participar no II Campamento Musical de Verán Ribadeo 2007




Por mor da elevada demanda de información e boletíns de inscrición que se están recibindo na Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo de xente de fóra da provincia e incluso de fóra de Galici para participar no II Campamento Musical de Verán Ribadeo 2007, que se vai celebrar entre os días 6 e 15 de agosto, a Asociación Amadores da Música informa que as e os que o desexen poden descargar deste blog a folla de inscrición para participar na actividade.


O proceso é o seguinte:


1- Preman na imaxe para facela máis grande


2- Cubran os seus datos persoais


3- Remitan o boletín cuberto así como o xustificante de ingreso da cota de inscrición ao seguinte enderezo:




Asociación Amadores da Música


R/Clemente Martínez Pasaron (Casa do Mar) baixo


27700 - Ribadeo




Para máis información non dubiden en chamar ao teléfono 982130856 ou ben escriban un e-mail ao enderezo electrónico musiqueando_ribadeo@hotmail.com


lunes, 21 de mayo de 2007

Aberto o prazo de pre-matrícula na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo mantén aberto o prazo de pre-matrícula durante os meses de maio e xuño para facer unha previsión do número de alumnas e alumnos cos que vai contar o centro o próximo curso 2007/08. Deste xeito coñécese tamén cal vai ser o número de prazas de cada disciplina que se van poder ofertar na convocatoria oficial de matrícula que se vai levar a cabo durante o vindeiro mes de xullo.
A pre-matrícula pode realizarse nas dependencias da EMMeD de Ribadeo, falando co seu director Lourenço Cruz.

jueves, 17 de mayo de 2007

A Banda Municipal de Ribadeo ofrece o seu tradicional concerto co gallo do día das Letras Galegas


A Banda Municipal de Ribadeo (BMR) baixo a batuta do mestre Lourenço Cruz ofrece este sábado, día 19 de maio, ás oito e media do serán no Auditorio Municipal “Hernán Naval”, o seu tradicional concerto das Letras Galegas. Esta cita forma parte, xa dende que en xaneiro de 1992 botara a camiñar a formación, da programación estábel da municipal ribadense ao longo de todo o ano.
Desta volta a BMR estrutura a súa actuación en dúas partes, unha primeira de música sinfónica, composta de xeito orixinal para banda ou ben arranxada especificamente para este tipo de formacións, e unha segunda adicada integramente á música composta en Galicia.
Na primeira parte do concerto a BMR incorpora dúas novas pezas ao seu repertorio, a obertura Ammerland, do mestre Jacob de Haan, e Fantasía para saxo alto e banda de Demmerssemen, co profesor Ismael Porto Barciela como solista, e recupera unha das obras que máis éxito colleitaron entre o público ribadense dende que a BMR se puxo en marcha, unha selección dos mellores fragmentos do musical The Phantom of de Opera, de Andrew Lloyd Webber.
Na segunda parte, como xa vén sendo habitual, a BMR inclúe pezas compostas por autores galegos. É o caso dos dous pasodobres que abren e pechan esta segunda metade da actuación, Lugo-Ferrol, de G. Baudot, e Ponteareas, de R. Soutullo, respectivamente. E no medio volve ao repertorio da municipal ribadense unha das obras máis fermosas que se teñen composto no país, Rosa de Abril, de Andrés Gaos, baseada nun poema de Rosalía de Castro ao que lle vai poñer voz Suso López. A outra obra galega do repertorio é Negra Sombra do lucense Xoán Montes que xunto coa interpretación institucional do Hino Galego pechan o concerto desta noite.

martes, 1 de mayo de 2007

Aberta a inscrición para o II Campamento Musical de Verán Ribadeo 2007


Xa está aberta a inscrición para participar no II Campamento Musical de Verán Ribadeo 2007 que organiza a Asociación Amadores da Música en colaboración coa Delegación de Cultura do Excmo. Concello de Ribadeo que se celebrará nas instalacións do CEIP Gregorio Sanz da vila ribadense e que terá lugar entre os días 6 e 15 de agosto de 2007.

A actividade está pensada para nenas e nenos de entre de entre 8 e 17 anos (nados entre os anos 1990 e 1999), que estuden en escolas de música, conservatorios profesionais e centros autorizados nas especialidades de: violín, viola, violonchelo, contrabaixo, frauta, oboe, clarinete, fagot, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión, guitarra e piano.
A inscrición pode facerse dende o día 20 de Abril até o 30 de Xuño.

Para máis información: Escola Municipal de Música de Ribadeo Tlf. 982130856 Fax: 982120589 e-mail: musiqueando_ribadeo@hotmail.com ou ben