jueves, 24 de mayo de 2007

IMPORTANTE: Inscrición para participar no II Campamento Musical de Verán Ribadeo 2007




Por mor da elevada demanda de información e boletíns de inscrición que se están recibindo na Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo de xente de fóra da provincia e incluso de fóra de Galici para participar no II Campamento Musical de Verán Ribadeo 2007, que se vai celebrar entre os días 6 e 15 de agosto, a Asociación Amadores da Música informa que as e os que o desexen poden descargar deste blog a folla de inscrición para participar na actividade.


O proceso é o seguinte:


1- Preman na imaxe para facela máis grande


2- Cubran os seus datos persoais


3- Remitan o boletín cuberto así como o xustificante de ingreso da cota de inscrición ao seguinte enderezo:




Asociación Amadores da Música


R/Clemente Martínez Pasaron (Casa do Mar) baixo


27700 - Ribadeo




Para máis información non dubiden en chamar ao teléfono 982130856 ou ben escriban un e-mail ao enderezo electrónico musiqueando_ribadeo@hotmail.com


7 comentarios:

Anónimo dijo...

Muchas gracias!!

Anónimo dijo...

quen van a ser os profisores e que materia se van a dar?

graciñas pola información.

administrador dijo...

O plantel de profesores aínda está sen pechar aínda que o que si se sabe é que serán persoas con experiencia no ensino musical e no trato con nenas e nenos. Está tamén por confirmar, aínda que as xestións están bastante avanzadas, a presenza dun pedagogo de recoñecido prestixio que estaría no campamento durante tres ou catro días.
En canto ás materias ofertadas son todos aqueles das familias de vento-metal, vento-madeira, corda, percusión e piano.
A actividade musical ocupará o horario de mañá e pola tarde os nenos e nenas participantes gozarán de actividades de lecer.

Anónimo dijo...

solo faltaría que no tuvieran experiencia... decir eso es decir lo mismo que ya sabemos.... parece lenguaje de políticos...

Anónimo dijo...

repito la pregunta
quien serán los profesores

Anónimo dijo...

keria decir q tienen q mejorar;el año pasado estuvo muy bien pero este año estuvo fatal.

Anónimo dijo...

Quiero dar las gracias a los profesores, por este fantastico Campamento Musical!!

Esperamos por el Campamento Musical 2008.