jueves, 17 de diciembre de 2009

FESTIVAL DE NADAL


Un concerto cheo de sorpresas e novidades


A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este
venres día 18 de decembro ás oito do serán no Auditorio Municipal
Hernán Naval o seu tradicional festival de Nadal.
Trátase dun dos eventos clásicos do nadal ribadense que un ano máis
agocha, en palabras do claustro de profesoras/es do centro, “numerosas
sorpresas e algún que outro detalle que se afasta moito do visto en
anos anteriores”. Un dos exemplos é a decoración que non vai ter nada
que ver co nadal. Os temas centrais do concerto son “o mar, a vila e
as xentes de Ribadeo” que irán achegándose ao escenario do auditorio
ribadense a través dun conto “con moitas referencias á sociedade da
comunicación na que vivimos onde as cartas mudan en e-mails”. Unha
historia onde non faltará a música de todas as alumnas e alumnos da
EMMeD de Ribadeo. “Haberá danza, gaita , clarinetes, saxofóns,
guitarras, piano, percusión... E no repertorio xogaremos cos ritmos
heteroxéneos, dende o jazz ás panxoliñas”, sinalaron as profesoras e
profesores do centro.

miércoles, 16 de diciembre de 2009

SUSPENSIÓN DAS CLASES

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de hoxe, 16 de decembro.

Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.



Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

martes, 17 de noviembre de 2009

CONCERTO DE SANTA CILLA





As alumnas e alumnos da EMMeD de Ribadeo, realizarán un concerto de música de cámara na honra da patroa dos músicos. Terá lugar o vindeiro mércores 18 de novembro ás 20.30 h. no salón de actos da Casa do Mar.

Dende a dirección do centro, queremos convidar a aistir ao concerto a todas as persoas que desexen celebralo con nós.

jueves, 5 de noviembre de 2009

COMUNICADO DO CLAUSTRO DE PROFESORES

A raíz das informacións aparecidas nos últimos días en diferentes medios de comunicación e relacionadas co funcionamento da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo o seu claustro actual de profesoras e profesores quere facer público o seguinte comunicado:

Dende que se presentara publicamente o pasado 25 de outubro, o curso 2009 – 2010 a EMMeD de Ribadeo funciona con total normalidade tanto no plano académico coma no eido administrativo froito do traballo que realizamos durante as últimas semanas de setembro e comezos de outubro as e os docentes que compoñemos o claustro da EMMeD de Ribadeo. Un traballo que contou e conta, en todo momento, coa colaboración e o apoio constante da responsábel municipal de cultura, Mari – Luz Álvarez Lastra, a quen agradecemos o seu impulso e alento para a posta en marcha deste curso.
Todo elo nun ano que o centro afronta cun considerábel aumento de matrícula con respecto ao curso pasado e con máis especialidades no seu currículum académico. Conseguir un maior número de alumnas e alumnos así como mellorar a oferta docente é froito do traballo realizado ao longo do curso pasado polas profesoras e profesores da EMMeD de Ribadeo.
O noso esforzo e adicación evidenciouse nos diferentes festivais e actuacións celebrados cun grande éxito tanto de público coma tamén de crítica, recibindo a felicitación dos pais e nais e tamén dos alumnos e alumnas do centro. O seu respaldo repítese cada día cando acuden á escola, ben eles mesmos para recibir formación ou ben co seu neno ou a súa nena, o que nos convida a seguir traballando arreo para continuar adiante con este proxecto educativo – musical que é a EMMeD de Ribadeo.
As continuas críticas sen fundamento e máis as informacións erróneas verquidas nas últimas semanas sobre o traballo que nestes momentos se desenvolve na EMMeD de Ribadeo non significa senón o menoscabo da imaxe e o prestixio do que goza o centro tanto a nivel comarcal coma tamén no conxunto dos centros educativos – musicais de Galicia.


Ribadeo, 5 de novembro de 2009

viernes, 30 de octubre de 2009

NOTA INFORMATIVA

Estimados alumnos/pais:



Unha vez comezado o curso 2009/2010 poñémonos en contacto con vós, para facilitarvos o calendario escolar, as actividades programadas para o primeiro trimestre e o horario de titorías de cada profesor.Tratando en todo momento de establecer unhas relacións fluidas e cordiais cos pais dos alumnos, para que a coordinación e a colaboración entre a acción do centro e a da familia sexan reais e efectivas.



CALENDARIO ESCOLAR

Período de vacacións:
Nadal: dende o 23 de decembro ata o 10 de xaneiro (ambos inclusive).
Semana Santa: dende o 27 de marzo ata o 5 de abril (ambos inclusive).
Verán: a partires do 25 de xuño.

Días non lectivos:
Ademais das festas de ámbito nacional e da Comunidade Autónoma, consideraranse non lectivos segundo o calendario escolar os seguintes:
- 2 de novembro de 2009
- 18 de maio de 2010

Para resolver calqueira dúbida, poden consultar o calendario que está colgado no taboleiro de anuncios do centro.




ACTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE

As actividades que a continuación se citan son as que oficialmente están previstas realizar durante o primeiro trimestre sen perxuízo de que poida xurdir algunha outra que sexa de interese.
Darase cumprida información dos ensaios a realizar con suficiente antelación por parte do profesorado implicado.

· Concerto de Santa Cilla - 18 novembro ás 20.30 h. no Salón de Actos da Casa do Mar.

· Concertos no Mercado de Nadal – 4, 5 e 7 de decembro no Parque Municipal.

· Exames de instrumento – do 9 ao 12 de decembro.

· Festival de Nadal – 18 de decembro ás 20.00 h. no Auditorio Municipal Hernán Naval.




TITORÍAS

- Olalla Canoura: Luns de 17.00 a 17.30 h.
Mércores de 16.15 a 16.45 h.

- Valentín Prieto: Luns de 16.30 a 17.00 h.
(Prisco) Luns de 19.30 a 19.45 h.
Xoves de 17.15 a 17.30 h.

- Martín Bucki: Luns de 21.45 a 22.00 h.
Mércores de 15.30 a 16.00 h.
Mércores de 19.15 a 19.30 h.

- Marcos Rodríguez: Luns de 19.15 a 19.30 h.
Martes de 17.30 a 17.45 h.
Mércores de 18.15 a 18.30 h.
Venres de 21.45 a 22.00 h.

- Luis Rodil: Martes de 11.30 a 12.00 h.
Venres de 22.15 a 22.45 h.

- Dolores Fernández: Mércores de 14.00 a 15.00 h.

- Rubén Solloso: Venres de 19.45 a 20.45 h.

- Ismael Porto: Martes de 16.15 a 16.30 h.
Mércores de 16.45 a 17:00 h.
Xoves de 18.30 a 19.00 h.

- Eugenio Lage: Luns de 18.15 a 18.45 h.
Luns de 20.45 a 21.15 h.

- David Ballester: Martes de 20.15 a 20.45 h.
Mércores de 16.45 a 17.15 h.

- Hugo García: Luns de 18.30 a 19.00 h.
Xoves de 18.00 a 18.30 h.

- Tamara García: Luns de 17.00 a 17.30 h.
Martes de 17.00 a 17.30 h.

- María Justo: Venres de 16.30 a 17.30 h.

- Montserrat Expósito: Xoves de 13.30 a 14.30 h.

- Juan Barcón: Mércores de 19.45 a 20.45 h.


Agardando a participación de todas e todos, convidámosvos a presentar propostas ou iniciativas que vos parezan de interese.




O Claustro de profesores

martes, 22 de septiembre de 2009

Comeza un novo curso!!!

Benqueridos pais, nais e alumnos da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo:


Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2009/2010. Como todos os anos o noso compromiso é o de ir avanzando na mellora do centro, para o cal é imprescindible a vosa colaboración. Partindo desta premisa convocámosvos a unha reunión o vindeiro venres 25 de setembro ás 20.00 h. no salón de actos da Casa do Mar (1º andar), na que trataremos os seguintes temas:

- Presentación oficial do curso.

- Información da situación actual do centro.

- Marcación dos horarios das clases de Linguaxe Musical, Iniciación á Música e Danza/Ballet.

- Fixación do calendario para marcación das clases individuais.



Agardando a vosa presenza, recibide un cordial saúdo.

sábado, 4 de julio de 2009

Actividades en Xullo!!

  • Día 4 de Xullo - I FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA INFANTIS, ás 19:30 horas no Quiosquo da Música en Ribadeo.

Dentro da I XORNADA MÚSICO-CULTURAL DE RIBADEO:

  • 13 a 17 de Xullo Audicións activas da Música Clásica.
    20 a 24 de Xullo Audicións activas da Música do século XX.
    Para poder ampliar a nosa cultura sobre os distintos periodos da música, para aprender a escoitar, e saber o que se escoita.
  • 13 a 17 de Xullo Cursiño de Informatica Musical.
    Ten como obxectivo de acercar os participantes aos programas de edición de partituras, como tamén, para que poidan aprender a facer xogos de melodías.
  • 6 a 10 de Xullo Taller de Música Tradicional.
    A Música Tradicional cada vez está un pouco máis apartada da xuventude, polo tanto, queremos ensinarlles que a Música Tradicional pode ofrecer clases moi divertidas.
  • 13 a 17 de Xullo Cursiño de percusión para pais e fillos.
    Neste apartado o que queremos é dar a posibilidade de mostrar aos pais, o traballo que realiza o seu fillo durante o curso escolar, ao mesmo tempo, que aprenda unhas poucas nocións sobre a materia, para que durante o curso lectivo poida axudar ao seu fillo na casa.
  • 20 a 24 de Xullo Cursiño de Reparación e mantemento do Clarinete/Frauta.
    Uns dos obxectivos principais, é achegar ao pai/nai a esta materia, para poder axudar ao nen@, a reparar o instrumento. Traballarase a desmontaxe e montaxe completa do clarinete/frauta para a limpeza, cambio de zapatillas, muelles, etc...
  • 13 a 17 de Xullo Curso de Guitarra – Taller de acompañamento.
    Aprender os mecanismos ritmicos e melódicos dos distintos estilos musicais.
  • 20 a 24 de Xullo Curso de Guitarra – Taller Melódico.
    Aprender os recursos técnicos e teóricos básicos na execusión e interpretación de melodías.
  • 27 a 31 de Xullo Encontro de Orquestra e Saxofóns
    13 a 17 de Xullo Encontro de Grupo de Clarinetes.
    Curso adicado á pratica do Saxofón/Clarinete dentro dunha agrupación, na que se traballará repertorio proprio destes instrumentos así como adaptacións doutros estilos.
  • 27 a 31 de Xullo Encontro de Música de Cámara.
    Neste encontro, realizaremos varias formacións de grupos de música de càmara, para praticar o máis variado repertorio, xogar coas distintas carectirísticas de cada instrumento, e para que os alumnos se sociabilizen entre todos.
  • 16 de Xullo - Ensemble de Clarinetes da E.M.M.eD., no Pregón do Carmen en Ribadeo.
  • 18 de Xullo - Participación da Banda Municipal de Ribadeo, no Festival de Bandas en Pola de Siero (Asturias)
  • 25 de Xullo - XIV Festival de Bandas Ribadeo, ás 19:00 horas, na Praza da Música de Ribadeo.


jueves, 18 de junio de 2009

Aqui está a IV edición Campamento Musical Ribadeo 2009

Xá podedes baixa-lo boletín de información e inscrición nas paxinas: http://www.ribadeo.org , http://www.fgbmp.net , http://www.radiobanda.com .

Para ter máis información, chamade aos teléfonos: 982130856 ou 629881930, tamén a través do correo electrónico: amadoresdamusica@hotmail.com ou esmu.municipal.ribadeo@edu.xunta.es

Estamos esperándovos polo tanto, Animádevos.

miércoles, 3 de junio de 2009

2 citas moi importantes para a E.M.M.eD. de Ribadeo.

Entrevista ao Director da E.M.M.eD., na Localia ORT no programa "Plató Aberto".

O Director da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo e da Banda Municipal de Ribadeo (BMR), Lourenço Cruz, participará esta noite no programa de Localia ORT "Plató Aberto". Nel dará a coñecer o traballo que se realiza a nivel educativo - musical tanto na EMMeD coma na Banda Municipal así como os futuros proxectos a presentar.
Así que xa sabedes, a cita está en Localia ORT a partir das once da noite.


Lourenço Cruz, Director da E.M.M.eD. viaxará a Bizkaia (Getxu).

O vindeiro 5 de Xuño o Director da E.M.M.eD. viaxará a Bizkaia (Getxu), como convidado pola (UEMYD) Asociación Española de Escuelas de Música y Danza, para presentar a E.M.M.eD. e intercambiar realidades e inquietudes, para detectar pontos comuns que poidan xenerar futuras coloboracións.
Está previsto un encontro de escolas de música na sede da "Asociación de Escuelas de Música del País Vasco" - Euskal Herriko Musika Eskolen Elkartea (EHME), en Getxo (Bizkaia).
A (EMYD) Unión de Escolas de Música e Danza e a federación estatal de asociacións autonómicas de Escolas de Música. Actualmente está composta por seis asociacións autonómicas:
EHME - Asociación de Escuelas de Música de Euskal Herría
AGEMM - Asociación Galega de Escolas Municipáis de Música
ADEMUM - Asociación de Escuelas Municipales de Música y Danza de Madrid
ACEMYD - Asociación Canaria de Delegados de Escuelas de Música y Danza
AEMMDAS - Asociación de Escuelas Municipales de Música y Danza de Asturias

lunes, 1 de junio de 2009

Recta final do Curso 2008-2009!!!!!!

Audicións e Concertos:

  • Día 06 de Xuño 2009, ás 20:30h - Concerto-Presentación da "ORQUESTA DE CÁMARA DE RIBADEO", no Cine-Teatro de Ribadeo.
  • Día 10 de Xuño 2009, ás 20:30h - Audición dos alumnos/as da clase iniciación á Música, no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.
  • Día 11 de Xuño 2009, ás 20:30h - Audición dos alumnos/as da clase de Piano, nas instalacións do Centro.
  • Día 12 de Xuño 2009, ás 18:00h - Actuación do Grupo de Danza/Ballet, no "Festival de Loita Contra o Cancer", no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.
  • Día 19 de Xuño 2009, ás 10:00h e 12:00h - "Concertos Didácticos" para os colexios, no Cine-Teatro de Ribadeo
  • Día 21 de Xuño 2009, ás 13:00h e 17:00h - Participación do Grupo de Danza/Ballet e máis Agrupación Musical da E.M.M.eD., no "II Encontro de Escolas Municipais de Música" en Vigo (Pontevedra) organizado pola A.G.E.M.M.
  • Día 26 de Xuño 2009, ás 19:00h - "Festival Fin de Curso" no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.

Exames finais:

  • Do día 1 ata 4 de Xuño de 2009 - Exames de Linguaxe Musical.

Nota: Para saber que día, hora e programa a traballar, que lle corresponde consultar ao seu profesor.

Esperamos seguir contando co seu apoio e co seu aplauso nos concertos, e aproveitamos para desexar moita sorte para aqueles que teñen que afrontar os exames finais.

A Dirección do Centro.

miércoles, 6 de mayo de 2009

CHEGOU O MES DE MAIO!!!

Un pouquiño máis de actividades:
  • Día 7 de Maio 2009, ás 20:30h - Audición de Frauta / Oboe / Fagote na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
  • Día 13 de Maio 2009, ás 20:30h - Audición de Guitarra, na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
  • Día 14 de Maio 2009, ás 20:30h - Concerto das "Letras Galegas", no Cine-Teatro de Ribadeo, polos alumn@s da E.M.M.eD. de Ribadeo.
  • Día 23 de Maio 2009, ás 21:00h - Concerto da "Agrupación Instrumental Musiqueando", na parroquia de Celeiro de Mariñaos.
  • Día 16 de Maio 2009, ás 20:30h - Concerto das "Letras Galegas" pola Banda Municipal de Ribadeo, no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.

Exames finais:

  • Do día 25 ata o 30 de Maio 2009, todolos día das 16:00h ata 20:00h - Exames de Instrumento.
  • Día 30 de Maio 2009, ás 10:00h - Exames de Danza-Moderna / Ballet-Clásico.
  • Do día 1 ata 4 de Xuño de 2009 - Exames de Linguaxe Musical.

Nota: Para saber que día, hora, aula e programa a presentar, que lle corresponde consultar ao seu profesor.

Esperamos seguir contando co seu apoio e co seu aplauso nos concertos, e aproveitamos para desexar moita sorte para aqueles que teñen que afrontar os exames finais.

A Dirección do Centro.

sábado, 28 de marzo de 2009

¿E logo, no mes de Abril que??

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, segue facendo música cun pequeno toque de Danza/Ballet, e claro, sempre acompañado polo noso admirable público, polo tanto, vémonos os días:
  • 4 de Abril 2009, ás 18:00h - A Banda Municipal de Ribadeo actuará no "Festival de Bandas de Sober" (Lugo)
  • 4 de Abril 2009, ás 17:00h - Grupo de Danza da E.M.M.eD. actuará na apertura dunha "Exposición no Forte San Damián" (Ribadeo)
  • 5 de Abril 2009, ás 20:30h - Concerto de "Semana Santa 2009" da Banda Municipal de Ribadeo, no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.
  • 10 de Abril 2009, ás 19:00h - A Banda Municipal de Ribadeo, acompañará a Procesión de "Semana Santa 2009" de Ribadeo.
  • 12 de Abril 2009, ás 12:30h - Participación da Banda Municipal de Ribadeo na "VI Semana da Música" en San Martiño de Mondoñedo (Foz).
  • 12 de Abril 2009, ás 17:00h - Trío de Trompas da E.M.M.eD. de Ribadeo, grabarán para a Radio local.
  • 17 de Abril 2009, ás 20:30h - Audición Vento Metal, da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, na Escola.
  • 21 de Abril 2009, ás 20:30h - Audición de Violín, da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, na Escola.
  • 23 de Abril 2009, ás 20:30h - Audición de Saxofón, da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, na Escola.
  • 29 de Abril 2009, ás 20:30h - Actuación da Aula de Danza / Ballet, da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.

jueves, 26 de febrero de 2009

AXENDA MES MARZO

  • Día 5 Marzo 2009 - Concerto de Música de Cámara Salón de Actos da Casa do Mar, ás 20:00h.
  • Día 26 Marzo 2009 - Audición de Canto / Acordeón Claustro da Escola de Música e Danza de Ribadeo, ás 20:30h.
  • Día 30 Marzo 2009 - Audición de Piano Claustro da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, ás 20:30h.
  • Día 31 Marzo 2009 - Concerto dos Ensemble de Saxofón/Ensemble de Clarinetes, no Colexio de Vegadeo (Asturias), ás 15:30h.

lunes, 9 de febrero de 2009

2º TEMPORAL - ATENCIÓN

Comunicado enviado pola XUNTA.
A Dirección Xeral de Protección Civil informa, mediante un parte emitido ao efecto, que no día de mañá (9 de Febreiro) a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía adversa motivado por fortes ventos que cualifica de nivel laranxa (risco importante), circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da comunidade educativa. Diante de tal alarma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda a suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario de toda Galicia, durante toda a xornada lectiva do día de mañá, luns, 9 de febreiro. Co obxecto de garantir que todos os afectados poidan ser informados oportunamente da decisión adoptada e se lles preste a axuda que poidan precisar, a dirección dos centros garantirá a presenza nestes do persoal que asuma tales tarefas.
Santiago de Compostela, a 8 de febreiro de 2009.
O Secretario Xeral

miércoles, 4 de febrero de 2009

ACTIVIDADES FEBREIRO ´09

ANTROIDO:

A EMMeD de Ribadeo ten intención de formar unha comparsa con alumn@s, pais e profesores para participar no desfile do martes 24 de febreiro, animando o Antroido da vila. Todo aquel que se queira apuntar a esta actividade, deberá comunicarllo ao seu profesor ou ben no despacho de dirección. A data límite para anotarse é o venres 6 de febreiro. Animádevos.



AUDICIÓNS:

  • Audución de clarinetes - mércores 4 febreiro ás 20.30 h.
  • Audición de percusión - martes 10 febreiro ás 20.30 h.
  • Participación no desfile de Carnaval - Martes 24 Febreiro ás 17:00h.

Cerca de 90 alum@s, profesores e pais, formarán a COMPARSA "ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA DE RIBADEO", para participar no desfile do día 24 de Febreiro, tendo este proxecto, como obxectivo, unificar e axudar a sociabilizar a esta enorme familia, que é, a ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA DE RIBADEO, e por soposto pasalo moi ben con o noso povo que seguro que estará na calle apoiandonos unha vez máis.

viernes, 23 de enero de 2009

¡ATENCIÓN!

Comunicado enviado pola CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.
A Dirección Xeral de Protección Civil informa, mediante un parte emitido ao efecto, que no día de hoxe a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía adversa motivado por fortes ventos que qualifica de nivel laranxa (risco importante), circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da comunidade educativa.
Diante de tal alarma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda a suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario das provincias da Coruña e Lugo, durante toda a xornada lectiva no día de hoxe, venres, 23 de Xaneiro.
Polo tanto, informamos dende a Dirección do Centro, aos alumn@s e pais que hoxe, día 23 non haberá ningum tipo de actividades.
Moitas grazas

jueves, 8 de enero de 2009

Xa temos a B.S.O. !!!!!


Como todos vos sabedes en Xullo de 2008, a Banda Municipal de Ribadeo desprazouse aos Estudios Mans en A Coruña, para facer a gravación da banda sonora da película "Los Muertos Van Deprisa" de Ángel de la Cruz. Despois deste grande e grato traballo así coma tamén unha inolbidábel experiencia, POR FIN XA TEMOS O CD. O vindeiro Sábado 17 de Xaneiro de 2009, no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo sobre as 12:00 horas, faremos a presentación oficial do mesmo.


Polo tanto unha vez máis, contamos con vós....