martes, 22 de septiembre de 2009

Comeza un novo curso!!!

Benqueridos pais, nais e alumnos da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo:


Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2009/2010. Como todos os anos o noso compromiso é o de ir avanzando na mellora do centro, para o cal é imprescindible a vosa colaboración. Partindo desta premisa convocámosvos a unha reunión o vindeiro venres 25 de setembro ás 20.00 h. no salón de actos da Casa do Mar (1º andar), na que trataremos os seguintes temas:

- Presentación oficial do curso.

- Información da situación actual do centro.

- Marcación dos horarios das clases de Linguaxe Musical, Iniciación á Música e Danza/Ballet.

- Fixación do calendario para marcación das clases individuais.



Agardando a vosa presenza, recibide un cordial saúdo.