martes, 13 de mayo de 2008

I CERTAME DE INTÉRPRETES MOZOS "HERNÁN NAVAL" en Ribadeo 2008








O I Certame de Intérpretes Mozos “Hernán Naval” quere converterse nun referente da música a nivel comarcal e autonómico. Unha oportunidade para mozas e mozos de diferentes puntos de Galicia, do conxunto do Estado ou incluso Portugal que queiran amosar as súas destrezas musicais nunha vila ben chegada, dende sempre ao mundo da música. Trátase dun xeito de achegar ás mozas e mozos participantes a posibilidade de actuar nun auditorio e diante dun xurado formado por grandes nomes da música co obxectivo de que podan amosar o traballo realizado ao longo da súa carreira musical. Un xeito de recoñecer o seu traballo e de posibilitarlles o contacto con profesionais do mundo da música e con outros mozos e mozas de maneira que podan se podan intercambiar experiencias ao longo da súa estancia en Ribadeo.
Ademais este I Certame de Intérpretes Mozos “Hernán Naval” debería servir como un xeito de reivindicar a figura dunha persoa tan vencellada ao mundo da pedagoxía musical como foi ao longo da súa carreira Hernán Naval Parapar. Será tamén un bo escenario para que as mozas e mozos participantes coñezan obras orixinais compostas por autores galegos, sendo este certame unha xeito excepcional para que tamén os autores noveis que hai no país teñan o seu oco nos atrís dos alumnos e alumnas das Escolas e Conservatorios.
Debería ser un xeito tamén de achegar a música clásica e o traballo que se fai nas Escolas e Conservatorios ao público de xeito que o coñezan e así, se fose do seu interese, poder emprender unha “aventura” musical, tendo en conta que nunca é tarde para comezar a estudar música.
Aquí podedes baixar ou pedir as BASES e o BOLETÍN DE INSCRICIÓN.
Info:

O MES DE MAIO, NA E.M.M.eD. DE RIBADEO

  • Día 6 de maio, AUDICIÓN DE CANTO E CORO, ás 20:30h na Escola.
  • Día 8 de maio, AUDICIÓN DE SAXOFÓN E ACORDEÓN, ás 20:30h na Escola.
  • Día 12 de maio, CONCERTO DAS LESTRAS GALEGAS, polos alunos/as da E.M.M.eD., ás 20:30h no IES DIONISIO GAMALLO FIERROS.
  • Día 16 de maio, CONCERTO DIDÁCTICO, ás 11:00h no CEIP DE A PONTENOVA.
  • Día 16 de maio, ACTUACIÓN do GRUPO DE BALLET, no "III FESTIVAL A FAVOR DE LA LUCHA CONTRA EL CANCER", ás 20:30h no AUDITORIO MUNICIPAL HERNÁN NAVAL DE RIBADEO.
  • Día 17 de maio, CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS, pola BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO, ás 20:30h no IES DIONISIO GAMALLO FIERROS.
  • Día 18 de maio, FESTIVAL DE BANDAS de "A ESTRADA", ás 19:ooh.
  • Día 25 de maio, CONCERTO EN FONSAGRADA, pola BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO, ás 12:30h, na Praza Municipal.
  • Día 25 de maio, PROCESIÓN DE CORPUS, pola BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO, ás 19:00h en Ribadeo.
  • Día 26 de maio, CONCERTO DIDÁCTICO, ás 11:00h no AUDITORIO MUNICIPAL HERNÁN NAVAL DE RIBADEO.
  • Día 29 de maio, AUDICIÓN DE PIANO, ás 20:30h na Escola.
  • Día 31 de maio, FESTIVAL DE BANDAS de "VILLAVICIOSA" (Asturias), ás 18:00h.

Exames de Instrumento:

  • De 19 ata 24 de maio, todolos días ás 16:30h na aula 2.

AVISO IMPORTANTE:

  • Xa se encontran abertas as Pré-Matriculas (soamente para os alunos/as que están matriculados no curso 2007/2008).