jueves, 18 de junio de 2009

Aqui está a IV edición Campamento Musical Ribadeo 2009

Xá podedes baixa-lo boletín de información e inscrición nas paxinas: http://www.ribadeo.org , http://www.fgbmp.net , http://www.radiobanda.com .

Para ter máis información, chamade aos teléfonos: 982130856 ou 629881930, tamén a través do correo electrónico: amadoresdamusica@hotmail.com ou esmu.municipal.ribadeo@edu.xunta.es

Estamos esperándovos polo tanto, Animádevos.

miércoles, 3 de junio de 2009

2 citas moi importantes para a E.M.M.eD. de Ribadeo.

Entrevista ao Director da E.M.M.eD., na Localia ORT no programa "Plató Aberto".

O Director da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo e da Banda Municipal de Ribadeo (BMR), Lourenço Cruz, participará esta noite no programa de Localia ORT "Plató Aberto". Nel dará a coñecer o traballo que se realiza a nivel educativo - musical tanto na EMMeD coma na Banda Municipal así como os futuros proxectos a presentar.
Así que xa sabedes, a cita está en Localia ORT a partir das once da noite.


Lourenço Cruz, Director da E.M.M.eD. viaxará a Bizkaia (Getxu).

O vindeiro 5 de Xuño o Director da E.M.M.eD. viaxará a Bizkaia (Getxu), como convidado pola (UEMYD) Asociación Española de Escuelas de Música y Danza, para presentar a E.M.M.eD. e intercambiar realidades e inquietudes, para detectar pontos comuns que poidan xenerar futuras coloboracións.
Está previsto un encontro de escolas de música na sede da "Asociación de Escuelas de Música del País Vasco" - Euskal Herriko Musika Eskolen Elkartea (EHME), en Getxo (Bizkaia).
A (EMYD) Unión de Escolas de Música e Danza e a federación estatal de asociacións autonómicas de Escolas de Música. Actualmente está composta por seis asociacións autonómicas:
EHME - Asociación de Escuelas de Música de Euskal Herría
AGEMM - Asociación Galega de Escolas Municipáis de Música
ADEMUM - Asociación de Escuelas Municipales de Música y Danza de Madrid
ACEMYD - Asociación Canaria de Delegados de Escuelas de Música y Danza
AEMMDAS - Asociación de Escuelas Municipales de Música y Danza de Asturias

lunes, 1 de junio de 2009

Recta final do Curso 2008-2009!!!!!!

Audicións e Concertos:

  • Día 06 de Xuño 2009, ás 20:30h - Concerto-Presentación da "ORQUESTA DE CÁMARA DE RIBADEO", no Cine-Teatro de Ribadeo.
  • Día 10 de Xuño 2009, ás 20:30h - Audición dos alumnos/as da clase iniciación á Música, no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.
  • Día 11 de Xuño 2009, ás 20:30h - Audición dos alumnos/as da clase de Piano, nas instalacións do Centro.
  • Día 12 de Xuño 2009, ás 18:00h - Actuación do Grupo de Danza/Ballet, no "Festival de Loita Contra o Cancer", no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.
  • Día 19 de Xuño 2009, ás 10:00h e 12:00h - "Concertos Didácticos" para os colexios, no Cine-Teatro de Ribadeo
  • Día 21 de Xuño 2009, ás 13:00h e 17:00h - Participación do Grupo de Danza/Ballet e máis Agrupación Musical da E.M.M.eD., no "II Encontro de Escolas Municipais de Música" en Vigo (Pontevedra) organizado pola A.G.E.M.M.
  • Día 26 de Xuño 2009, ás 19:00h - "Festival Fin de Curso" no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.

Exames finais:

  • Do día 1 ata 4 de Xuño de 2009 - Exames de Linguaxe Musical.

Nota: Para saber que día, hora e programa a traballar, que lle corresponde consultar ao seu profesor.

Esperamos seguir contando co seu apoio e co seu aplauso nos concertos, e aproveitamos para desexar moita sorte para aqueles que teñen que afrontar os exames finais.

A Dirección do Centro.