jueves, 26 de febrero de 2009

AXENDA MES MARZO

  • Día 5 Marzo 2009 - Concerto de Música de Cámara Salón de Actos da Casa do Mar, ás 20:00h.
  • Día 26 Marzo 2009 - Audición de Canto / Acordeón Claustro da Escola de Música e Danza de Ribadeo, ás 20:30h.
  • Día 30 Marzo 2009 - Audición de Piano Claustro da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, ás 20:30h.
  • Día 31 Marzo 2009 - Concerto dos Ensemble de Saxofón/Ensemble de Clarinetes, no Colexio de Vegadeo (Asturias), ás 15:30h.

lunes, 9 de febrero de 2009

2º TEMPORAL - ATENCIÓN

Comunicado enviado pola XUNTA.
A Dirección Xeral de Protección Civil informa, mediante un parte emitido ao efecto, que no día de mañá (9 de Febreiro) a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía adversa motivado por fortes ventos que cualifica de nivel laranxa (risco importante), circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da comunidade educativa. Diante de tal alarma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda a suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario de toda Galicia, durante toda a xornada lectiva do día de mañá, luns, 9 de febreiro. Co obxecto de garantir que todos os afectados poidan ser informados oportunamente da decisión adoptada e se lles preste a axuda que poidan precisar, a dirección dos centros garantirá a presenza nestes do persoal que asuma tales tarefas.
Santiago de Compostela, a 8 de febreiro de 2009.
O Secretario Xeral

miércoles, 4 de febrero de 2009

ACTIVIDADES FEBREIRO ´09

ANTROIDO:

A EMMeD de Ribadeo ten intención de formar unha comparsa con alumn@s, pais e profesores para participar no desfile do martes 24 de febreiro, animando o Antroido da vila. Todo aquel que se queira apuntar a esta actividade, deberá comunicarllo ao seu profesor ou ben no despacho de dirección. A data límite para anotarse é o venres 6 de febreiro. Animádevos.



AUDICIÓNS:

  • Audución de clarinetes - mércores 4 febreiro ás 20.30 h.
  • Audición de percusión - martes 10 febreiro ás 20.30 h.
  • Participación no desfile de Carnaval - Martes 24 Febreiro ás 17:00h.

Cerca de 90 alum@s, profesores e pais, formarán a COMPARSA "ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA DE RIBADEO", para participar no desfile do día 24 de Febreiro, tendo este proxecto, como obxectivo, unificar e axudar a sociabilizar a esta enorme familia, que é, a ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA DE RIBADEO, e por soposto pasalo moi ben con o noso povo que seguro que estará na calle apoiandonos unha vez máis.