viernes, 23 de enero de 2009

¡ATENCIÓN!

Comunicado enviado pola CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.
A Dirección Xeral de Protección Civil informa, mediante un parte emitido ao efecto, que no día de hoxe a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía adversa motivado por fortes ventos que qualifica de nivel laranxa (risco importante), circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da comunidade educativa.
Diante de tal alarma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda a suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario das provincias da Coruña e Lugo, durante toda a xornada lectiva no día de hoxe, venres, 23 de Xaneiro.
Polo tanto, informamos dende a Dirección do Centro, aos alumn@s e pais que hoxe, día 23 non haberá ningum tipo de actividades.
Moitas grazas

jueves, 8 de enero de 2009

Xa temos a B.S.O. !!!!!


Como todos vos sabedes en Xullo de 2008, a Banda Municipal de Ribadeo desprazouse aos Estudios Mans en A Coruña, para facer a gravación da banda sonora da película "Los Muertos Van Deprisa" de Ángel de la Cruz. Despois deste grande e grato traballo así coma tamén unha inolbidábel experiencia, POR FIN XA TEMOS O CD. O vindeiro Sábado 17 de Xaneiro de 2009, no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo sobre as 12:00 horas, faremos a presentación oficial do mesmo.


Polo tanto unha vez máis, contamos con vós....