miércoles, 31 de diciembre de 2008

Comenzamos o 2009 con boa música.....


A Banda Municipal de Ribadeo, celebra o Venres día 2 de Xaneiro de 2009, ás 20:30 horas do serán, o seu tradicional e recoñecido concerto "Aquí como en Viena" no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.

Haberá moitas sorpresas, convidados especiais e todos participaremos dalgunha maneira. Polo tanto, agardamos contar con a súa presenza e o seu aplauso unha vez máis.


Feliz aninovo 2009, E COMEZAMOS......

martes, 23 de diciembre de 2008

FELIZ NADAL E UN PROSPERO ANINOVO


Dende a Dirección do centro, a tod@s PAIS, NAIS, TITORES, ALUMN@S, PROFESORES/AS, MúSICOS DA BANDA, SOCIOS, E SEGUIDORES destas instituicións, quero agradecer o voso apoio ao longo de todo este tempo, porque sen el, non lograríamos os obxectivos, polo tanto espero contar un ano máis con vosoutros.


Con isto, desexo a tod@s un ¡FELIZ NADAL E UN PROSPERO ANINOVO!


Axenda de Decembro da E.M.M.eD. e da B.M. de Ribadeo

  • Día 6 de Decembro, ás 12:00h - No Mercado do Nadal - Ensemble de Clarinetes
  • "OS CLARINOTAS"
  • Día 7 de Decembro, ás 13:00h - No Mercado do Nadal - Ensemble de Saxofóns
  • "RIBA-SAX-DEO"
  • Día 19 de Decembro, ás 19:00h - No Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo
  • "FESTIVAL DE NADAL 08"
  • Día 22 de Decembro, ás 16:00h - No Centro de día "A Concordia" de Ribadeo
  • "OS CLARINOTAS"

Exames

  • Exames de Instrumento - Do día 1 ata 5 de Decembro - ás 16:00h
  • Exames de Linguaxe Musical - Días 9,10,11 e 15 de Decembro
  • Exames de Ballet/Danza - Día 13 de Decembro - ás 10:30h

2009

  • Día 2 de Xaneiro, ás 20:30h - No Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo
  • Concerto "AQUI COMO EN VIENA"

martes, 9 de diciembre de 2008

FESTIVAL DE NADAL da E.M.M.eD. de RIBADEO

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o venres, día 19 de Decembro, ás sete do serán, o seu festival de Nadal. Ao longo das 2 horas que dura o espectáculo pasarán por riba do escenario de Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo, máis de 200 alumnos e alumnas da Escola e algunha que outra sorpresa, para ofrecer un espectáculo que o director do centro, Lourenço Cruz calificou como “sorprendente e ilusionante”.
Unha vez mais, Lourenço Cruz mostrouse moi ilusionado de cara o festival tanto “polo importante número de nenos e nenas que van participar como polo papel dos pais e nais, que mañá terán un protagonismo especial, e espera que com estas actividades cada vez sexan mais”.
Por lo tanto, dende a Direción da EMMeD, esperamos a tua participación, para que cada vez sexamos mais apoiando este proxecto, en que estamos formando culturalmente os nosos alumnos/as, e tamén facendo que se divirtan con estas formosas artes que é a MÚSICA E A DANZA.