miércoles, 31 de diciembre de 2008

Comenzamos o 2009 con boa música.....


A Banda Municipal de Ribadeo, celebra o Venres día 2 de Xaneiro de 2009, ás 20:30 horas do serán, o seu tradicional e recoñecido concerto "Aquí como en Viena" no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.

Haberá moitas sorpresas, convidados especiais e todos participaremos dalgunha maneira. Polo tanto, agardamos contar con a súa presenza e o seu aplauso unha vez máis.


Feliz aninovo 2009, E COMEZAMOS......

martes, 23 de diciembre de 2008

FELIZ NADAL E UN PROSPERO ANINOVO


Dende a Dirección do centro, a tod@s PAIS, NAIS, TITORES, ALUMN@S, PROFESORES/AS, MúSICOS DA BANDA, SOCIOS, E SEGUIDORES destas instituicións, quero agradecer o voso apoio ao longo de todo este tempo, porque sen el, non lograríamos os obxectivos, polo tanto espero contar un ano máis con vosoutros.


Con isto, desexo a tod@s un ¡FELIZ NADAL E UN PROSPERO ANINOVO!


Axenda de Decembro da E.M.M.eD. e da B.M. de Ribadeo

  • Día 6 de Decembro, ás 12:00h - No Mercado do Nadal - Ensemble de Clarinetes
  • "OS CLARINOTAS"
  • Día 7 de Decembro, ás 13:00h - No Mercado do Nadal - Ensemble de Saxofóns
  • "RIBA-SAX-DEO"
  • Día 19 de Decembro, ás 19:00h - No Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo
  • "FESTIVAL DE NADAL 08"
  • Día 22 de Decembro, ás 16:00h - No Centro de día "A Concordia" de Ribadeo
  • "OS CLARINOTAS"

Exames

  • Exames de Instrumento - Do día 1 ata 5 de Decembro - ás 16:00h
  • Exames de Linguaxe Musical - Días 9,10,11 e 15 de Decembro
  • Exames de Ballet/Danza - Día 13 de Decembro - ás 10:30h

2009

  • Día 2 de Xaneiro, ás 20:30h - No Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo
  • Concerto "AQUI COMO EN VIENA"

martes, 9 de diciembre de 2008

FESTIVAL DE NADAL da E.M.M.eD. de RIBADEO

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o venres, día 19 de Decembro, ás sete do serán, o seu festival de Nadal. Ao longo das 2 horas que dura o espectáculo pasarán por riba do escenario de Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo, máis de 200 alumnos e alumnas da Escola e algunha que outra sorpresa, para ofrecer un espectáculo que o director do centro, Lourenço Cruz calificou como “sorprendente e ilusionante”.
Unha vez mais, Lourenço Cruz mostrouse moi ilusionado de cara o festival tanto “polo importante número de nenos e nenas que van participar como polo papel dos pais e nais, que mañá terán un protagonismo especial, e espera que com estas actividades cada vez sexan mais”.
Por lo tanto, dende a Direción da EMMeD, esperamos a tua participación, para que cada vez sexamos mais apoiando este proxecto, en que estamos formando culturalmente os nosos alumnos/as, e tamén facendo que se divirtan con estas formosas artes que é a MÚSICA E A DANZA.

lunes, 24 de noviembre de 2008




Dende a Directiva e a Dirección Artística da Asociación Amadores da Música/Banda Municipal de Ribadeo, queremos convidalo ao Concerto en honra a patroa dos músicos "Santa Cilla", que se realizará o vindeiro día 29 de novembro ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.


Esperando contar coa súa presenza, e o seu aplauso, despedimonos, atentamente,


Leandro Sendín

Presidente

miércoles, 29 de octubre de 2008

Axenda para o mes Novembro.









  • Día 20 de Novembro, ás 20:30 horas, na E.M.M.eD.


Concerto de Música de Cámara, polos alumn@s do centro en honra a Santa Cilla "Patroa dos Músicos.





  • Día 29 de Novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.


A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá un concerto, fará presentación dos novos músicos e remataremos a celebración de Santa Cilla con unha cea de convivencia.

Dende a Dirección do Centro e da Banda, a todas persoas que son músic@s ou amantes da música, desexolles un feliz día.

lunes, 29 de septiembre de 2008

PRESENTACIÓN OFICIAL DO CURSO 2008-2009



Benvidos, comenza un curso máis na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.


Hoxe ás 19:00 horas na Escola Municipal, faremos a presentación oficial do curso lectivo, con a participación da Conselleira de Cultura, Director e profesores.


As clases comenzarán o día 1 de Outubro.


Esperamos contar con todos vos.



martes, 23 de septiembre de 2008

MARCACIÓN DE HORARIOS

ATENCIÓN

MARCACIÓN DE HORARIOS

DE

Ø Clarinete – David Ballester
Ø Frauta – Luís Rodil
Ø Piano – Elena López
Ø Piano – Martín Bucki
Ø Guitarra – Valentín Prieto
Ø Percusión – Marcos Rodríguez
E
Ø Linguaxe Musical 1º - David Ballester
Ø Linguaxe Musical 3º - Luís Rodil
Ø Linguaxe Musical 4º - Marcos Rodríguez
Ø Linguaxe Musical 5º - Valentín Prieto
Ø Linguaxe Grao Musical – Lourenço Cruz
Ø Linguaxe Musical Adultos – Martín Bucki e Elena López

Lugar:
Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo
Día:
24 de Setembro de 2008
Hora:
19:00 a 21:00 horas

jueves, 18 de septiembre de 2008

Convocatoria de Postos de Traballo para Profesores de Música para a E.M.M.eD. de Ribadeo

Postos de traballo: Profesores para a Escola Municipal de Música e Danza. Curso 2008-2009, segundo se indica a continuación:
  • 1 Praza para profesor de Violín-Viola.
  • 1 Praza para profesor de Violoncello-Contrabaixo.
  • 1 Praza para profesor de Acordeón.
  • 1 Praza para profesor de Canto.

Información + convocatoria pedir en: esmu.municipal.ribadeo@edu.xunta.es

miércoles, 10 de septiembre de 2008

E AGORA SETEMBRO, ESTO NON PARA...

Axenda musical da Escola Municipal de Música e Danza e da Banda Municipal de Música de Ribadeo:

  • Día 8 de Setembro de 2008, Concerto pola B.M.R. na Praza da Música en Ribadeo, ás 13:45h.

  • Día 9 de Setembro de 2008, Concerto polo Ensemble de Clarinetes da E.M.M.eD. no Parador de Ribadeo, ás 20:30h.

  • Do día 11 ata 17 de Setembro, 2º prazo de matricula para a E.M.M.eD.

  • Día 14 de Setembro de 2008, Concerto pola B.M.R. en Mondoñedo, ás 13:30h.

sábado, 23 de agosto de 2008

RÁPIDO VAMOS ABRIR O 2º PRAZO DE MATRICULA









2º PRAZO DE MATRICULA PARA A E.M.M.eD. de RIBADEO






Para os alunos/as que se lles pasou formalizar a matricula, e debido a gran demanda de novos alunos/as que queren ingresar no centro,




Do día 11 ata 17 de Setembro de luns a venres, entre as 10:30h e as 14:00h, nas oficinas do Excmo. Concello de Ribadeo


Nota:
Só fai falta cubrir o impreso oficial

  • Para os alunos/as que cursaron o anterior curso, deberán levar o impreso da Pré-matricula.

  • Para os novos alunos/as, deberán levar o D.N.I..


sábado, 16 de agosto de 2008

Agosto

Un pouco máis de música...
  • Do 4 ao 14 de agosto CAMPAMENTO MUSICAL RIBADEO 2008.
  • Día 14 de Agosto, ás 19:30h no Colexio Gregorio Sanz, Concerto Clausura do Campamento.
  • Día 15 de Agosto, Concerto da B.M.R. en Santirso de Abres (Asturias).
  • Día 16 de Agosto, ás 13:30h Concerto da B.M.R. en Ribadeo (San Roque).
  • Día 16 de Agosto, ás 16:00h Concerto de Alunos/Profesores en Remourelle.
  • Día 16 de Agosto, ás 19:00h Concerto do Ensemble de Clarinetes da E.M.M.eD. en San Miguel de Reinante.
  • Día 24 de Agosto, ás 20:00h Festival de Bandas en Begonte.

Non para por aqui, pero confirmamos máis tarde, moitas gracias!

martes, 1 de julio de 2008

XULLO

En primeiro lugar dende a Dirección da E.M.M.eD. de Ribadeo, queremos desexarlles a todos os alun@s, unhas felices vacacións, e unha vez máis moitas gracias polo traballo realizado durante este curso.

Moitas gracias queridos alun@s, pais, nais e amigos.

Aínda que a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo xa está de vacacións, a actividade musical non para.

  • Día 5 de Xullo, ás 19:00h, fase eliminatoria do "I Certame de Intérpretes Mozos Hernán Naval", no Auditorio Municipal Hernán Naval.
  • Día 6 de Xullo, ás 20:00h, fase final do "I Certame de Intérpretes Mozos Hernán Naval", no Auditorio Municipal Hernán Naval".
  • Día 13 de Xullo, ás 20:00h, entrega de premios, concerto pola Banda Sinfónica da Federación de Bandas e homenaxe a Hernán Naval, no Auditorio Municipal Hernán Naval.
  • Dende o 15 ata o 18 de Xullo, a Banda Municipal de Ribadeo viaxará a Coruña para facer a grabación da Banda Sonora da pelicula "Los Muertos Van Deprisa".
  • Día 16 de Xullo, Ensemble de Clarinetes da E.M.M.eD., acturá no "Pregón do Carmen", no Cine Teatro de Ribadeo.
  • Día 19 de Xullo Festival de Bandas en Matosinhos (Portugal), coa Banda Municipal de Ribadeo.
  • Dende o 21 de Xullo ata o 1 de Agosto, entre as 12:00h e as 14:30h, estará aberto o prazo de matrícula para a E.M.M.eD. de Ribadeo, nas oficinas do Concello de Ribadeo.
  • Día 26 de Xullo Festival de Bandas en Ribadeo, na Praza da Música de Ribadeo.
  • Día 31 de Xullo Festival de Bandas en Matamá (Vigo).

Esperamos contar coa vosa presenza nestes actos.

martes, 3 de junio de 2008

A E.M.M.eD. de Ribadeo remata o curso con moita actividade!



No mes de Xuño, a E.M.M.eD. de Ribadeo está preparando as seguintes actividades:




  • Día 7 de Xuño - "Festival de Bandas en Betanzos", no Auditorio Municipal, ás 19.00h.


  • Día 18 de Xuño - "Concerto Didáctico", no Auditorio MunicipaL "HERNÁN NAVAL " de Ribadeo, ás 12:00h.


  • Día 20 de Xuño - "Concerto para o IES Porta da Auga e IES Dionisio Gamallo Fierros", ás 12.00h.


  • Día 21 de Xuño - "Festival da AGEMM", en Santiago de Compostela, ás 19:00h.


  • Día 22 de Xuño - "Festival de Bandas de Mieres", no Teatro Municipal, ás 19:00h.


  • Día 27 de Xuño - "Festival fin de Curso da E.M.M.eD.", no Auditorio Municipal "HERNÁN NAVAL" de Ribadeo, ás 19:00h.

Outros avisos:




  • Exames de Linguaxe Musical - Días 2, 3 e 4 de Xuño na aula 5.


  • Exames de Ballet/Danza - Día 7 de Xuño na aula 9.

Prazos de matrícula: A EMMeD de Ribadeo abrirá o prazo de matrícula para o vindeiro curso 08/09 o luns día 21 de xullo. Realizaranse de luns a xoves entre as 12.00 e as 14.30 horas, nas dependencias do Excmo. Concello de Ribadeo. O prazo de matrícula rematará o día 1 de Agosto.

martes, 13 de mayo de 2008

I CERTAME DE INTÉRPRETES MOZOS "HERNÁN NAVAL" en Ribadeo 2008








O I Certame de Intérpretes Mozos “Hernán Naval” quere converterse nun referente da música a nivel comarcal e autonómico. Unha oportunidade para mozas e mozos de diferentes puntos de Galicia, do conxunto do Estado ou incluso Portugal que queiran amosar as súas destrezas musicais nunha vila ben chegada, dende sempre ao mundo da música. Trátase dun xeito de achegar ás mozas e mozos participantes a posibilidade de actuar nun auditorio e diante dun xurado formado por grandes nomes da música co obxectivo de que podan amosar o traballo realizado ao longo da súa carreira musical. Un xeito de recoñecer o seu traballo e de posibilitarlles o contacto con profesionais do mundo da música e con outros mozos e mozas de maneira que podan se podan intercambiar experiencias ao longo da súa estancia en Ribadeo.
Ademais este I Certame de Intérpretes Mozos “Hernán Naval” debería servir como un xeito de reivindicar a figura dunha persoa tan vencellada ao mundo da pedagoxía musical como foi ao longo da súa carreira Hernán Naval Parapar. Será tamén un bo escenario para que as mozas e mozos participantes coñezan obras orixinais compostas por autores galegos, sendo este certame unha xeito excepcional para que tamén os autores noveis que hai no país teñan o seu oco nos atrís dos alumnos e alumnas das Escolas e Conservatorios.
Debería ser un xeito tamén de achegar a música clásica e o traballo que se fai nas Escolas e Conservatorios ao público de xeito que o coñezan e así, se fose do seu interese, poder emprender unha “aventura” musical, tendo en conta que nunca é tarde para comezar a estudar música.
Aquí podedes baixar ou pedir as BASES e o BOLETÍN DE INSCRICIÓN.
Info:

O MES DE MAIO, NA E.M.M.eD. DE RIBADEO

  • Día 6 de maio, AUDICIÓN DE CANTO E CORO, ás 20:30h na Escola.
  • Día 8 de maio, AUDICIÓN DE SAXOFÓN E ACORDEÓN, ás 20:30h na Escola.
  • Día 12 de maio, CONCERTO DAS LESTRAS GALEGAS, polos alunos/as da E.M.M.eD., ás 20:30h no IES DIONISIO GAMALLO FIERROS.
  • Día 16 de maio, CONCERTO DIDÁCTICO, ás 11:00h no CEIP DE A PONTENOVA.
  • Día 16 de maio, ACTUACIÓN do GRUPO DE BALLET, no "III FESTIVAL A FAVOR DE LA LUCHA CONTRA EL CANCER", ás 20:30h no AUDITORIO MUNICIPAL HERNÁN NAVAL DE RIBADEO.
  • Día 17 de maio, CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS, pola BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO, ás 20:30h no IES DIONISIO GAMALLO FIERROS.
  • Día 18 de maio, FESTIVAL DE BANDAS de "A ESTRADA", ás 19:ooh.
  • Día 25 de maio, CONCERTO EN FONSAGRADA, pola BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO, ás 12:30h, na Praza Municipal.
  • Día 25 de maio, PROCESIÓN DE CORPUS, pola BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO, ás 19:00h en Ribadeo.
  • Día 26 de maio, CONCERTO DIDÁCTICO, ás 11:00h no AUDITORIO MUNICIPAL HERNÁN NAVAL DE RIBADEO.
  • Día 29 de maio, AUDICIÓN DE PIANO, ás 20:30h na Escola.
  • Día 31 de maio, FESTIVAL DE BANDAS de "VILLAVICIOSA" (Asturias), ás 18:00h.

Exames de Instrumento:

  • De 19 ata 24 de maio, todolos días ás 16:30h na aula 2.

AVISO IMPORTANTE:

  • Xa se encontran abertas as Pré-Matriculas (soamente para os alunos/as que están matriculados no curso 2007/2008).

miércoles, 9 de abril de 2008

AQUÍ ESTÁ O CAMPAMENTO MUSICAL RIBADEO 2008!!! ANIMÁDEVOS



Por mor da elevada demanda de información que se está recibindo na Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo de xente de fóra da provincia e incluso de fóra de Galicia para participar no III Campamento Musical de Verán Ribadeo 2008, que se vai celebrar entre os días 4 e 14 de agosto, a Asociación Amadores da Música informa que as e os que o desexen poden descargar deste blog a folla de inscrición para participar na actividade.

O prezo da inscrición no III Campamento Musical de Verán Ribadeo 2008 é de:socios e fill@s de socios da Asoc. Amadores da Música: 125 euros; non soci@s: 250 euros. Os cartos deben ser ingresados na conta 0081-5420-32-0001078608 no Banco Sabadell Atlántico de Ribadeo ou 2091-0140-61-3040014967 na Caixa Galicia de Ribadeo. As contas están a nome da Asociación Amadores da Música e no concepto deben indicar Campamento Musical 2008.

O proceso é o seguinte:
1- Preman na imaxe para facela máis grande
2- Cubran os seus datos persoais
3- Remitan o boletín cuberto, o xustificante de ingreso da cota de inscrición e o xustificante de matrícula no centro musical onde estude ao seguinte enderezo:

Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo
R/Clemente Martínez Pasaron (Casa do Mar) baixo
27700 - Ribadeo (Lugo)
ou ben a través do: FAX 982 120 589

Para máis información non dubiden en chamar aos teléfonos 982130856/982120589/629881930 ou ben escriban un e-mail ao enderezo electrónico musiqueando_ribadeo@hotmail.com

martes, 1 de abril de 2008

DATAS DE INTERESE 3º TRIMESTRE





  • 14 abril - Concerto didáctico. 10:30 h. Auditorio Municipal Hernán Naval



  • 1-3 maio - Ponte do 1 de maio



  • 12 maio - Concerto das Letras Galegas. 20:30 h. Claustro da EMMeD



  • 16 maio - Concerto didáctico en A Pontenova. 12:00 h.



  • 19-24 maio - EXAMES FINAIS INSTRUMENTO



  • 2-4 xuño - EXAMES LINGUAXE MUSICAL



  • 7 xuño - EXAMES BALLET



  • 27 xuño - Remate das clases



  • 27 xuño - FESTIVAL FIN DE CURSO. 20:00 h. Auditorio Municipal Hernán Naval

jueves, 27 de marzo de 2008

AUDICIÓNS DO MES DE ABRIL






Audicións na Escola Municipal:

  • Audición de CLARINETE - Día 9 de Abril, ás 20:30h.

  • Audición de OBOE/FAGOTE e FRAUTA - Día 17 de Abril, ás 20:30h.

  • Audición de VIOLÍN/VIOLA - Día 23 de Abril, ás 20:30h.

  • Audición de PIANO - Día 30 de Abril, ás 20:30h.

Actuación no Auditorio Municipal:


  • Actuación de BALLET/DANZA - Día 29 de Abril, ás 20:30h.

Concertos exteriores:

  • MÚSICA DE CÁMARA - Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo, día 9 de Abril, ás 19:00h.

  • CONCERTO DIDÁCTICO - Auditorio Municipal Hernán Naval, día 14 de Abril, ás 10:30h.


Dende a Direción da EMMeD, agardamos a túa participación.

viernes, 29 de febrero de 2008

ACTIVIDADES DURANTE O MES DE MARZO


No mes de marzo a EMMeD e a Banda Municipal de Música de Ribadeo realizarán diversas actividades que a continuación enumeramos:



  • 3 marzo ás 20:30 h., na escola, audición de guitarra

  • 4 marzo ás 20:30 h., na escola, audición de piano

  • 7 marzo ás 20:30 h., no Forte de San Damián, inauguración de Mariñarte

  • 11 marzo ás 20:30 h., na escola, audición de trompeta, trompa, trombón e bombardino

  • 17 marzo, a BMM gravará unha secuencia da película "Los muertos van deprisa"

  • 17-20 marzo, intercambio musical coa Escola Profissional de Arte de Mirandela (Portugal)

  • 19 marzo, ás 21:00 h., na Igrexa Parroquial, Concerto de Semana Santa da BMM coa colaboración da Brass Band Esproarte

  • 21 marzo, a BMM realizará a procesión do Santo Enterro

lunes, 25 de febrero de 2008

¡¡¡ATENCIÓN!!! CAMBIO DE DATAS

Por motivos de forza maior , as Audicións dos alumnos de Guitarra e Piano que se ían realizar esta semana, aprázanse ata a semana que ven. As datas son:

  • Luns 3 de marzo: Audición de Guitarra
  • Martes 4 de marzo: Audición de Piano

Desculpade as molestias e agradecemos a vosa comprensión.

viernes, 8 de febrero de 2008

Audicións de Febreiro da E.M.M.e D. Ribadeo


As próximas audicións dos alunos/as da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo serán:


  • Día 14 de Febreiro do 2008, ás 20:30h - Audición de Percusión

  • Día 25 de Febreiro do 2008, ás 20:30h - Audición de Guitarra

  • Día 26 de Febreiro do 2008, ás 20:30h - Audición de Piano

Tódalas audicións se realizarán no claustro da E.M.M.e D. Ribadeo.





miércoles, 6 de febrero de 2008

CONCERTO DE ANTROIDO 2008



A Casa do Mar acollerá mañá xoves ás oito e media da tarde o Concerto de Antroido da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo. Arredor de medio cento de alumnas e alumnos do centro participarán mañá nesta actividade á que están convidados todos o pais e nais así como todos os veciños da vila. Tan só hai unha 'obriga', vir disfrazados e con gañas de pasalo ben. A música e as sorpresas corren por conta das agrupacións da EMMeD de Ribadeo.

martes, 8 de enero de 2008

DATAS DE INTERESE 2º TRIMESTRE






Días festivos e non lectivos:




  • 4 - 5 FEBREIRO: Antroido

  • 7 FEBREIRO: Concerto de Antroido da EMMeD. 20:30 h. na Escola

  • 14 MARZO: Comezo das vacacións

  • 25 MARZO: Comezo das clases 3º trimestre