martes 17 de noviembre de 2009

CONCERTO DE SANTA CILLA





As alumnas e alumnos da EMMeD de Ribadeo, realizarán un concerto de música de cámara na honra da patroa dos músicos. Terá lugar o vindeiro mércores 18 de novembro ás 20.30 h. no salón de actos da Casa do Mar.

Dende a dirección do centro, queremos convidar a aistir ao concerto a todas as persoas que desexen celebralo con nós.

jueves 5 de noviembre de 2009

COMUNICADO DO CLAUSTRO DE PROFESORES

A raíz das informacións aparecidas nos últimos días en diferentes medios de comunicación e relacionadas co funcionamento da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo o seu claustro actual de profesoras e profesores quere facer público o seguinte comunicado:

Dende que se presentara publicamente o pasado 25 de outubro, o curso 2009 – 2010 a EMMeD de Ribadeo funciona con total normalidade tanto no plano académico coma no eido administrativo froito do traballo que realizamos durante as últimas semanas de setembro e comezos de outubro as e os docentes que compoñemos o claustro da EMMeD de Ribadeo. Un traballo que contou e conta, en todo momento, coa colaboración e o apoio constante da responsábel municipal de cultura, Mari – Luz Álvarez Lastra, a quen agradecemos o seu impulso e alento para a posta en marcha deste curso.
Todo elo nun ano que o centro afronta cun considerábel aumento de matrícula con respecto ao curso pasado e con máis especialidades no seu currículum académico. Conseguir un maior número de alumnas e alumnos así como mellorar a oferta docente é froito do traballo realizado ao longo do curso pasado polas profesoras e profesores da EMMeD de Ribadeo.
O noso esforzo e adicación evidenciouse nos diferentes festivais e actuacións celebrados cun grande éxito tanto de público coma tamén de crítica, recibindo a felicitación dos pais e nais e tamén dos alumnos e alumnas do centro. O seu respaldo repítese cada día cando acuden á escola, ben eles mesmos para recibir formación ou ben co seu neno ou a súa nena, o que nos convida a seguir traballando arreo para continuar adiante con este proxecto educativo – musical que é a EMMeD de Ribadeo.
As continuas críticas sen fundamento e máis as informacións erróneas verquidas nas últimas semanas sobre o traballo que nestes momentos se desenvolve na EMMeD de Ribadeo non significa senón o menoscabo da imaxe e o prestixio do que goza o centro tanto a nivel comarcal coma tamén no conxunto dos centros educativos – musicais de Galicia.


Ribadeo, 5 de novembro de 2009

viernes 30 de octubre de 2009

NOTA INFORMATIVA

Estimados alumnos/pais:



Unha vez comezado o curso 2009/2010 poñémonos en contacto con vós, para facilitarvos o calendario escolar, as actividades programadas para o primeiro trimestre e o horario de titorías de cada profesor.Tratando en todo momento de establecer unhas relacións fluidas e cordiais cos pais dos alumnos, para que a coordinación e a colaboración entre a acción do centro e a da familia sexan reais e efectivas.



CALENDARIO ESCOLAR

Período de vacacións:
Nadal: dende o 23 de decembro ata o 10 de xaneiro (ambos inclusive).
Semana Santa: dende o 27 de marzo ata o 5 de abril (ambos inclusive).
Verán: a partires do 25 de xuño.

Días non lectivos:
Ademais das festas de ámbito nacional e da Comunidade Autónoma, consideraranse non lectivos segundo o calendario escolar os seguintes:
- 2 de novembro de 2009
- 18 de maio de 2010

Para resolver calqueira dúbida, poden consultar o calendario que está colgado no taboleiro de anuncios do centro.




ACTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE

As actividades que a continuación se citan son as que oficialmente están previstas realizar durante o primeiro trimestre sen perxuízo de que poida xurdir algunha outra que sexa de interese.
Darase cumprida información dos ensaios a realizar con suficiente antelación por parte do profesorado implicado.

· Concerto de Santa Cilla - 18 novembro ás 20.30 h. no Salón de Actos da Casa do Mar.

· Concertos no Mercado de Nadal – 4, 5 e 7 de decembro no Parque Municipal.

· Exames de instrumento – do 9 ao 12 de decembro.

· Festival de Nadal – 18 de decembro ás 20.00 h. no Auditorio Municipal Hernán Naval.




TITORÍAS

- Olalla Canoura: Luns de 17.00 a 17.30 h.
Mércores de 16.15 a 16.45 h.

- Valentín Prieto: Luns de 16.30 a 17.00 h.
(Prisco) Luns de 19.30 a 19.45 h.
Xoves de 17.15 a 17.30 h.

- Martín Bucki: Luns de 21.45 a 22.00 h.
Mércores de 15.30 a 16.00 h.
Mércores de 19.15 a 19.30 h.

- Marcos Rodríguez: Luns de 19.15 a 19.30 h.
Martes de 17.30 a 17.45 h.
Mércores de 18.15 a 18.30 h.
Venres de 21.45 a 22.00 h.

- Luis Rodil: Martes de 11.30 a 12.00 h.
Venres de 22.15 a 22.45 h.

- Dolores Fernández: Mércores de 14.00 a 15.00 h.

- Rubén Solloso: Venres de 19.45 a 20.45 h.

- Ismael Porto: Martes de 16.15 a 16.30 h.
Mércores de 16.45 a 17:00 h.
Xoves de 18.30 a 19.00 h.

- Eugenio Lage: Luns de 18.15 a 18.45 h.
Luns de 20.45 a 21.15 h.

- David Ballester: Martes de 20.15 a 20.45 h.
Mércores de 16.45 a 17.15 h.

- Hugo García: Luns de 18.30 a 19.00 h.
Xoves de 18.00 a 18.30 h.

- Tamara García: Luns de 17.00 a 17.30 h.
Martes de 17.00 a 17.30 h.

- María Justo: Venres de 16.30 a 17.30 h.

- Montserrat Expósito: Xoves de 13.30 a 14.30 h.

- Juan Barcón: Mércores de 19.45 a 20.45 h.


Agardando a participación de todas e todos, convidámosvos a presentar propostas ou iniciativas que vos parezan de interese.




O Claustro de profesores

martes 22 de septiembre de 2009

Comeza un novo curso!!!

Benqueridos pais, nais e alumnos da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo:


Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2009/2010. Como todos os anos o noso compromiso é o de ir avanzando na mellora do centro, para o cal é imprescindible a vosa colaboración. Partindo desta premisa convocámosvos a unha reunión o vindeiro venres 25 de setembro ás 20.00 h. no salón de actos da Casa do Mar (1º andar), na que trataremos os seguintes temas:

- Presentación oficial do curso.

- Información da situación actual do centro.

- Marcación dos horarios das clases de Linguaxe Musical, Iniciación á Música e Danza/Ballet.

- Fixación do calendario para marcación das clases individuais.



Agardando a vosa presenza, recibide un cordial saúdo.

sábado 4 de julio de 2009

Actividades en Xullo!!

  • Día 4 de Xullo - I FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA INFANTIS, ás 19:30 horas no Quiosquo da Música en Ribadeo.

Dentro da I XORNADA MÚSICO-CULTURAL DE RIBADEO:

  • 13 a 17 de Xullo Audicións activas da Música Clásica.
    20 a 24 de Xullo Audicións activas da Música do século XX.
    Para poder ampliar a nosa cultura sobre os distintos periodos da música, para aprender a escoitar, e saber o que se escoita.
  • 13 a 17 de Xullo Cursiño de Informatica Musical.
    Ten como obxectivo de acercar os participantes aos programas de edición de partituras, como tamén, para que poidan aprender a facer xogos de melodías.
  • 6 a 10 de Xullo Taller de Música Tradicional.
    A Música Tradicional cada vez está un pouco máis apartada da xuventude, polo tanto, queremos ensinarlles que a Música Tradicional pode ofrecer clases moi divertidas.
  • 13 a 17 de Xullo Cursiño de percusión para pais e fillos.
    Neste apartado o que queremos é dar a posibilidade de mostrar aos pais, o traballo que realiza o seu fillo durante o curso escolar, ao mesmo tempo, que aprenda unhas poucas nocións sobre a materia, para que durante o curso lectivo poida axudar ao seu fillo na casa.
  • 20 a 24 de Xullo Cursiño de Reparación e mantemento do Clarinete/Frauta.
    Uns dos obxectivos principais, é achegar ao pai/nai a esta materia, para poder axudar ao nen@, a reparar o instrumento. Traballarase a desmontaxe e montaxe completa do clarinete/frauta para a limpeza, cambio de zapatillas, muelles, etc...
  • 13 a 17 de Xullo Curso de Guitarra – Taller de acompañamento.
    Aprender os mecanismos ritmicos e melódicos dos distintos estilos musicais.
  • 20 a 24 de Xullo Curso de Guitarra – Taller Melódico.
    Aprender os recursos técnicos e teóricos básicos na execusión e interpretación de melodías.
  • 27 a 31 de Xullo Encontro de Orquestra e Saxofóns
    13 a 17 de Xullo Encontro de Grupo de Clarinetes.
    Curso adicado á pratica do Saxofón/Clarinete dentro dunha agrupación, na que se traballará repertorio proprio destes instrumentos así como adaptacións doutros estilos.
  • 27 a 31 de Xullo Encontro de Música de Cámara.
    Neste encontro, realizaremos varias formacións de grupos de música de càmara, para praticar o máis variado repertorio, xogar coas distintas carectirísticas de cada instrumento, e para que os alumnos se sociabilizen entre todos.
  • 16 de Xullo - Ensemble de Clarinetes da E.M.M.eD., no Pregón do Carmen en Ribadeo.
  • 18 de Xullo - Participación da Banda Municipal de Ribadeo, no Festival de Bandas en Pola de Siero (Asturias)
  • 25 de Xullo - XIV Festival de Bandas Ribadeo, ás 19:00 horas, na Praza da Música de Ribadeo.


jueves 18 de junio de 2009

Aqui está a IV edición Campamento Musical Ribadeo 2009

Xá podedes baixa-lo boletín de información e inscrición nas paxinas: http://www.ribadeo.org , http://www.fgbmp.net , http://www.radiobanda.com .

Para ter máis información, chamade aos teléfonos: 982130856 ou 629881930, tamén a través do correo electrónico: amadoresdamusica@hotmail.com ou esmu.municipal.ribadeo@edu.xunta.es

Estamos esperándovos polo tanto, Animádevos.

miércoles 3 de junio de 2009

2 citas moi importantes para a E.M.M.eD. de Ribadeo.

Entrevista ao Director da E.M.M.eD., na Localia ORT no programa "Plató Aberto".

O Director da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo e da Banda Municipal de Ribadeo (BMR), Lourenço Cruz, participará esta noite no programa de Localia ORT "Plató Aberto". Nel dará a coñecer o traballo que se realiza a nivel educativo - musical tanto na EMMeD coma na Banda Municipal así como os futuros proxectos a presentar.
Así que xa sabedes, a cita está en Localia ORT a partir das once da noite.


Lourenço Cruz, Director da E.M.M.eD. viaxará a Bizkaia (Getxu).

O vindeiro 5 de Xuño o Director da E.M.M.eD. viaxará a Bizkaia (Getxu), como convidado pola (UEMYD) Asociación Española de Escuelas de Música y Danza, para presentar a E.M.M.eD. e intercambiar realidades e inquietudes, para detectar pontos comuns que poidan xenerar futuras coloboracións.
Está previsto un encontro de escolas de música na sede da "Asociación de Escuelas de Música del País Vasco" - Euskal Herriko Musika Eskolen Elkartea (EHME), en Getxo (Bizkaia).
A (EMYD) Unión de Escolas de Música e Danza e a federación estatal de asociacións autonómicas de Escolas de Música. Actualmente está composta por seis asociacións autonómicas:
EHME - Asociación de Escuelas de Música de Euskal Herría
AGEMM - Asociación Galega de Escolas Municipáis de Música
ADEMUM - Asociación de Escuelas Municipales de Música y Danza de Madrid
ACEMYD - Asociación Canaria de Delegados de Escuelas de Música y Danza
AEMMDAS - Asociación de Escuelas Municipales de Música y Danza de Asturias