lunes, 26 de febrero de 2007

Congreso sobre a figura de Pascual Veiga


Seis meses máis tarde do pasamento de Pascual Veiga (acontecido o 12 de xullo de 1906), grazas ás xestións realizadas por Fontenla Leal en Cuba, interpretarase no Gran Teatro do Centro Gallego de La Habana "Os Pinos", poema de Eduardo Pondal posto en música por Veiga, que moi pronto será considerado como o Himno de Galicia, malia que a obra foi composta por Veiga en 1890. As investigacións realizadas ao redor do compositor e do himno levan a confirmar que a interpretación en Cuba do himno, non corresponde á data da estrea, senon que esta tivo lugar polo menos dez anos antes. Todos estes datos serán obxecto de análise durante o congreso.
O 18 de setembro e tras unha subscrición popular, os seus restos mortais trasládanse á súa vila natal. A fama sobranceira da súa “Alborada” e do Himno, obra identitaria para os galegos de ambos os lados do océano, eclipsou o resto da súa produción compositiva e os seus propios datos biográficos, que este congreso sobre a súa figura ten a intención de restituír.


A Consellaría de Cultura e Deporte está a promover un proxecto de investigación sobre Pascual Veiga que inclúe a edición integral da súa obra. O obxectivo é facer unha análise rigorosa e científica sobre a súa música, que vaia máis alá da coñecida Alborada e do Himno Galego. Trátase de inserir a súa figura na tradición cultural galega e europea. Para iso estanse a consultar fontes galegas e estatais relacionadas co labor de Veiga como compositor, profesor, e creador e director de orfeóns. Este traballo permitirá realizar unha edición completa da súa obra en dous volumes, onde o segundo deles estará centrado no himno galego e as súas variantes.


Congreso en Compostela os días 1, 2 e 3 de marzo de 2007

jueves, 22 de febrero de 2007

Curtas e teatro na fin de semana ribadense


A quen non lle apetece pasar a noite do venres vendo algunha das curtas feitas en Ribadeo ao longo deste verán? A cita é mañá a partires das dez da noite no Cine Teatro da vila coa presenza de dous dos seus directores, Joao Rodicio e Juan Oliveira. Ahhh!! Tamén estará Xoán de Vilaxoán, encargado dos cafés!

Esta é unha iniciativa dos amigos de Mr. Misto Films en colaboración coa delegación de Cultura do Excmo. Concello de Ribadeo.


E para os que queiran saber porque o teatro non atrae ás masas como pode facer o fútbol hai unha butaca reservada o domingo 25 ás oito e media da tarde no Auditorio Municipal Hernán Naval coa compañía Novedous Teatro e a súa obra Fóra de Xogo.


Non o penses máis...a túa cultura, na túa vila!!!!

miércoles, 21 de febrero de 2007

A BMR preparada para a súa participación no certame de La Sénia


Logo dun antroido intenso no que a ensaios se refire, a Banda Municipal de Ribadeo xa ten listo o seu repertorio para participar no I Certame de Bandas de Música Vila de la Sénia en Tarragona, Catalunya, os próximos 3 e 4 de marzo.

Dende aquí agradecer a todas e todos os músicos polo enorme esforzo que están facendo para acudir aos ensaios e polo seu compromiso coa BMR, ás nais e pais así como xente da vila que acudiu ao ensaio aberto ao público o seu alento de cara esta experiencia que afrontamos coa máis grande das ilusións, conscientes de que o noso esforzo dará os seus froitos.


Moitas grazas a tod@s!!!!!

miércoles, 14 de febrero de 2007

Festival de Antroido da EMMeD de Ribadeo


A Casa do Mar acollerá mañá xoves ás oito e media da tarde o Festival de Antroido da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo. Arredor de medio cento de alumnas e alumnos do centro participarán mañá nesta actividade á que están convidados todos o pais e nais así como todos os veciños da vila. Tan só hai unha 'obriga', vir disfrazados e con gañas de pasalo ben.
A música e as sorpresas corren por conta das agrupacións da EMMeD de Ribadeo

martes, 6 de febrero de 2007

Nova programación cultural do Concello de Ribadeo


A concellaría de Cultura de Ribadeo, que dirixe a nacionalista Mari-Luz Álvarez Lastra, vén de presentar a programación do seu departamento para este trimestre onde á oferta tradicional do teatro e a música agora tamén se suma con forza a arte dos creadores de A Mariña.

Aí vos vai un esbozo o que se poderá atopar estes días....


Mauro Leivas, do 11 ao 31 de marzo no Forte de San Damián....coa súa exposición Autorretrato das neobáquicas...


e Máis preto de ti o teatro, en Cedofeita, o próximo domingo día 11 ás 17.00 hrs. na Escola, actúa o Grupo O Bordelo de Cervo coa obra O mariñán....