Comunicado enviado pola XUNTA.
A Dirección Xeral de Protección Civil informa, mediante un parte emitido ao efecto, que no día de mañá (9 de Febreiro) a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía adversa motivado por fortes ventos que cualifica de nivel laranxa (risco importante), circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da comunidade educativa. Diante de tal alarma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda a suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario de toda Galicia, durante toda a xornada lectiva do día de mañá, luns, 9 de febreiro. Co obxecto de garantir que todos os afectados poidan ser informados oportunamente da decisión adoptada e se lles preste a axuda que poidan precisar, a dirección dos centros garantirá a presenza nestes do persoal que asuma tales tarefas.
Santiago de Compostela, a 8 de febreiro de 2009.
O Secretario Xeral
No hay comentarios:
Publicar un comentario