viernes, 23 de enero de 2009

¡ATENCIÓN!

Comunicado enviado pola CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.
A Dirección Xeral de Protección Civil informa, mediante un parte emitido ao efecto, que no día de hoxe a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía adversa motivado por fortes ventos que qualifica de nivel laranxa (risco importante), circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da comunidade educativa.
Diante de tal alarma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda a suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario das provincias da Coruña e Lugo, durante toda a xornada lectiva no día de hoxe, venres, 23 de Xaneiro.
Polo tanto, informamos dende a Dirección do Centro, aos alumn@s e pais que hoxe, día 23 non haberá ningum tipo de actividades.
Moitas grazas

No hay comentarios: