martes, 9 de diciembre de 2008

FESTIVAL DE NADAL da E.M.M.eD. de RIBADEO

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o venres, día 19 de Decembro, ás sete do serán, o seu festival de Nadal. Ao longo das 2 horas que dura o espectáculo pasarán por riba do escenario de Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo, máis de 200 alumnos e alumnas da Escola e algunha que outra sorpresa, para ofrecer un espectáculo que o director do centro, Lourenço Cruz calificou como “sorprendente e ilusionante”.
Unha vez mais, Lourenço Cruz mostrouse moi ilusionado de cara o festival tanto “polo importante número de nenos e nenas que van participar como polo papel dos pais e nais, que mañá terán un protagonismo especial, e espera que com estas actividades cada vez sexan mais”.
Por lo tanto, dende a Direción da EMMeD, esperamos a tua participación, para que cada vez sexamos mais apoiando este proxecto, en que estamos formando culturalmente os nosos alumnos/as, e tamén facendo que se divirtan con estas formosas artes que é a MÚSICA E A DANZA.

No hay comentarios: