martes, 6 de marzo de 2007

Grazas a tod@s!!! - La Sénia 07


Grazas por conseguir que todo canto traballo levabamos feito durante os últimos meses dese os seus froitos na tarde do domingo a xeito dun dos nosos mellores concertos.
Grazas por facer disfrutar ao público mentres vós disfrutabades tocando.
E sobre todo grazas por formar unha gran familia que deixou ben alto o nome de Ribadeo en Catalunya.


dous oboes, un corno inglés, cinco frautas, dezaseis clarinetes, sete trompas, cinco trompetas, dous bombardinos, un fagot, dez saxos, tres tubas, cinco trombóns, un contrabaixo, un piano, cinco percusionistas e un director, para todas e todos eles nada mellor cás verbas de Jan Van der Roost:

Banda Municipal de Ribadeo: "orchestra which many excelent players and global qualitees, Bravo!"


Tan só nos queda unha débeda pendente, que o público ribadense consiga emocionarse, como se emocionou o de La Sénia, escoitando Chess.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Quedamos en terceros no?Por lo que dice el Dire. tenemos unas notas muy buenas no?Que creeis que pasó?Un saludo

Anónimo dijo...

Pasou que un "director" chamado García Asensio, botou as puntuacións por terra. eu creo que debeu botar unha boa sesta mentres tocabamos e despertou co final apoteósico de Chess, senon non o entendo

Anónimo dijo...

Yo estuve allí, y fue la primera vez que he llorado escuchando una banda, enorabuena Ribadeo!
P.S. Yo iba con la banda de Bandeira!!Felicidades por vuestro Blogger...

Fer Trombón dijo...

contan polos circulos musicais adiante que se vaciu galiza de músicos nos conservatorios e orquestras para reforzar as bandas participantes... contan tamen que algunha das bandas tivo que deixar os da banda na casa para ter sitio para tanto mercenario...
Dende logo que dura é a vida de mercenario...
máis a nós movianos un motor mais potente, a ilusión e iso non hai mercenario que a teña...

Fer Trombón dijo...

Cando se convirte a música nunha competición ocorren estas cousas.. no momento en que un xurado (factor humano) ou tribunal entra en xogo perdese a obxetividade, se hai algo subxectivo é a música. Non é unha carreira de vallas onde sempre sabemos pola foto-finish que quen gaña é o primeiro en pasala meta. Isto é distinto, un xurado de cinco persoas implica cinco opinions distintas, e cada unha delas subxectivas (por humanas que son, non existe a imparcialidade). Tentar avaliar a música con xurados deste tipo e coma agarrar unha presada de vento. so podes ter a ilusión de que é posibel.
Visto o visto eu prefiro os festivais sen obxectivo economico.
non hai premio = non hai competición
non hai competición = cada un amosa o seu traballo sinceiro.
Nembargantes foi unha experiencia divertida e caralluda, ademais de todo se aprende. Na musica nunca se perde, sempre se gaña. e cando máis se gaña as veces é cando non hai a posibilidade de gañar nada.

Antonio Coté dijo...

Noraboa a todos os que compoñedes esa gran familia que é a Banda de música de Ribadeo.
Unha forte aperta dende a "Costa da vida"

Anónimo dijo...

O das puntuacions e dificil de entender se non formas parte do xurado, cada xuiz ten as súas pautas e cando se ve tanta calidade xunta (que a puxeron tódalas bandas), non e facil puntuar, calquera mínimo detalle é decisivo. Noraboa e quedadebos ca boa imaxe ofrecida e cos eloxios do xurado e os aprausos do público. Gracias por deixar o nome de Ribadeo onde lle corresponde e seguide a traballar. Noraboa Sr. director