jueves, 11 de enero de 2007

Paulino Pereiro estrea nova composición


O músico galego Paulino Pereiro, que xa ten composto en exclusiva para a Banda Municipal de Ribadeo a obra Ragtime, estrea esta semana unha nova peza da man da Orquestra Sinfónica de Galicia. Trátase de Ceo, onde Paulino Pereiro recrea as sensacións que lle producen o ceo e os seus elementos como parte da natureza. Orixinalmente composta para orquestra de frautas, esta obra, de 16 minutos de duración e estruturada en dous movementos, transmite sensación de lixeireza e gran transparencia.
Con esta son máis de 125 xa os traballos que ten realizado Pereiro, converténdose así nun dos compositores galegos máis prolíficos á hora de realizar partituras. Tamén destaca como pedagogo e como escritor, xa que ten publicados varios libros de diversa temática.

Ogallá podamos volver contar coa súa axuda e co seu traballo no futuro, por agora, unha forte aperta, Paulino.

No hay comentarios: