martes, 16 de enero de 2007

A CONSELLERÍA DE CULTURA DESTINA 1.569.800 EUROS A SEIS LIÑAS DE AXUDA PARA O FOMENTO E PROMOCIÓN DO SECTOR ESCÉNICO GALEGO



A Consellería de Cultura e Deporte, a través do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais), destinará este ano un importe global de 1.569.800 € a seis liñas de axuda dirixidas ao fomento e promoción do sector escénico galego. Os grandes apartados que centran este apoio económico son a produción de montaxes teatrais e coreográficas; a distribución e promoción de espectáculos de teatro, música e danza; a dotación técnica dos espazos da Rede Galega de Teatros e Auditorios; a programación de salas privadas de teatro; as actividades asociativas; e as actividades de estudo e de investigación que teñan por obxecto este ámbito artístico.

O programa completo de axudas foi presentado hoxe pola conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e mais o xerente do IGAEM, Miguel Martín, nun acto no que participou tamén o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, xa que este departamento da Vicepresidencia da Xunta de Galicia asume a metade da dotación de 60.000 euros destinada á modalidade de producións de nova creación. Todas estas axudas serán publicadas mañá no Diario Oficial de Galicia.
Na presente convocatoria configúranse definitivamente as axudas á distribución, que contan cun investimento de 215.000 €, como medida de fomento da proxección exterior da nosa produción escénica e musical, cunha aposta pola súa presenza fóra de Galicia e a súa participación nas principais feiras e plataformas de exhibición. Nesta mesma categoría faise fincapé na difusión da música a través da inclusión, por vez primeira na traxectoria do IGAEM, dun apartado de apoio específico á promoción de traballos editados durante 2007 e segundo semestre de 2006, do que serán beneficiarios as empresas discográficas.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Buenas, sugiero que pongan las noticias en castellano, o que pongan las dos versiones porque yo no entiendo el gallego y asi no os podré leer asiduamente... y creo que como yo muchas gente.

Saludos desde Luarca ;-)
Carlos

ajaspino dijo...

Internet ten moitas cousas. Unha desas moitas cousas son os idiomas, algunhas veces o idioma funciona de barreira. Pero se un utiliza internet pra visitar esta páxina, tamén pode visitar esta:
http://sli.uvigo.es/tradutor/navegador.php?marcar=&direccion=gl-es&inurl=http://musiqueandoribadeo.blogspot.com
e así todos contentos.
Animo ao administrador deste blog a que poña un ligazón dende a propia páxina, pra que a xente que queira ser asidua o siga sendo.

A idea sacada dende:
http://ribadeando.blogspot.com/
de onde saco outras tantas.

LOOK dijo...

Muy buena web, excelente!!!

www.looksonic.blogspot.com

Fer Trombón dijo...

boa idea chenchu, unha boa paxina de traducción e así ademais de ler as noticias aprenderás un novo idioma pouco a pouco sen darte conta. benvido sorte coa traducción

ajaspino dijo...

benvido, eu???
se levo eiquí dende fai mogollón. anda que...

Fer Trombón dijo...

quixen decir benbebido... perdoa meu