jueves, 16 de noviembre de 2006

Cambio de última hora con relación ao concerto de Sta. Cecilia da EMMeD

A dirección da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo informa que fica suspendido o concerto que, co gallo da celebración de Sta. Cecilia, ían celebrar o próximo venres día 24 alumnos e alumnas do centro. O motivo non é senón que esa fin de semana diversos alumn@s e profesor@s da Escola teñen compromisos musicais con formacións propias. Por este motivo as actuacións previstas para este concerto resérvanse para o espectáculo de nadal que se está preparando e que terá lugar, se todo vai segundo o previsto, o próximo 22 de decembro.
Polo de agora anotade as citas da próxima fin de semana para ir facendo ocos na axenda:
o venres 24 no Auditorio Hernán Naval, Sempre se fixo and friends
o sábado 25 tamén no Auditorio Hernán Naval, Coral POlifónica de RIbadeo
e o domingo teatro...
así que xa sabedes, a próxima fin de semana, cultura a eito!!!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois paréceme mal que se traspase unha actuación da banda por actuacións de formacións parciais. E non é unha substitución o poñelo no festival de Nadal.

Fer Trombón dijo...

Viase vir, era moito chollo en pouco tempo...

Fer Trombón dijo...

.....!é culpa dos electroduendes e a bruxa Avería...!

...Viva el mal, viva el capital!

administrador dijo...

A Banda non traspasou ningunha actuación, foi a Escola de música.