sábado, 4 de noviembre de 2006

A Banda Municipal de Ribadeo actuará en Tarragona



A Banda Municipal de Ribadeo (BMR), dirixida polo mestre Lourenço Cruz, foi seleccionada para participar no “I Certamen de Bandes de Música Vila de la Sénia“ de Tarragona que se vai celebrar na Casa da Cultura desta localidade catalana os días 3 e 4 de marzo do vindeiro ano 2007. Neste certame, organizado pola Agrupació Musical Senienca, a municipal ribadense vai compartir escenario con formacións de alto nivel do resto do estado. Polo número de músicos cos que conta, a BMR vai participar na 1ª sección, algo que a obriga a levar no seu repertorio, xunto cun pasodobre e con outra obra de libre elección, a espectacular Manhattan Pictures de Jan Van der Roost. É este un autor xa coñecido tanto polos músicos da BMR como polo público ribadense. A formación que dirixe Lourenço Cruz xa ten interpretado outros temas deste compositor, entre eles a exitosa selección Brasiliana ou a marcha Arsenal, dúas obras frecuentes no repertorio da BMR.

2 comentarios:

administrador dijo...

Desexo a todos os mùsicos moita "merda" neste compromiso! Rapaces,imos a por todas...polo menos, a pasalo ben...

Fer Trombón dijo...

e cando non fomos a por todas?.... "Moita merda" para todos....