lunes, 23 de octubre de 2006

Carmen Rey presenta en Ribadeo o seu novo traballo, FUERA


Continúa en Ribadeo o ciclo MÚSICAS POSÍBEIS que organiza a delegación de cultura do Excmo. Concello de Ribadeo. Logo dos ritmos melódico - harmónicos de Espido tócalle agora o turno a unha das grandes voces do panorama musical galego, Carmen Rey. Esta artista, que conxuga no seu repertorio ritmos funk, jazz, soul ou da música de baile, vai presentar o próximo venres ás dez da noite no Auditorio Municipal "Hernán Naval" o seu primeiro disco, Fuera. Nel conta coa colaboración de artistas tan prestixiosos coma Nani García, Roberto Somoza ou Xavier Díaz e todos os temas están escritos pola cantante. Na actualidade Carmen Rey atópase gravando o seu segundo traballo discográfico, integramente en galego.

1 comentario:

ajaspino dijo...

Lémbrome dun concerto caralludo de Carmen Rey + Xio no Pub Piano de Ribadeo... moi boa a voz. Animo a xente a que asista a ese concerto.