
miércoles, 9 de junio de 2010
RECITAL DE PERCUSIÓN

martes, 8 de junio de 2010
COMEZA O PRAZO DE MATRÍCULA!!!
Estando a piques de rematar o presente curso escolar, poñémonos en contacto con vós para informar de que o vindeiro día 10 de xuño, abrirase o prazo de matrícula para o curso 2010-2011. Este só é para o alumnado que cursou estudos no presente curso.
O horario de matrícula será de 16.00 a 20.00 horas de luns a venres, e os sábados de 11.00 a 13.00 horas no despacho de dirección da EMMeD. O prazo para formalizalas rematará o 24 de xuño.
Así mesmo, os horarios das clases colectivas están expostas no taboleiro de anuncios do centro. Estes horarios son inamovibles e poderanse escoller no momento de realizar a matrícula.
martes, 27 de abril de 2010
ACTIVIDADES 3º TRIMESTRE
Días non lectivos:
Ademais das festas de ámbito nacional e da Comunidade Autónoma, consideraranse non lectivos segundo o calendario escolar os seguintes:
- 18 de maio de 2010
Para resolver calquera dúbida, poden consultar o calendario que está colgado no taboleiro de anuncios do centro.
ACTIVIDADES DO TERCEIRO TRIMESTRE
As actividades que a continuación se citan son as que oficialmente están previstas realizar durante o terceiro trimestre sen perxuízo de que poida xurdir algunha outra que sexa de interese.
Darase cumprida información dos ensaios a realizar con suficiente antelación por parte do profesorado implicado.
• Concertos na rúa: - 10 abril ás 20.00 h. a cargo dun grupo de profesores da EMMeD
- 17 abril ás 12.00 h. a cargo do alumnado da EMMeD.
• Audicións:
- Danza/Ballet: 29 abril ás 20.30 h. no Auditorio Municipal Hernán Naval.
- Corda: 3 maio ás 20.30 h. na EMMeD.
- Iniciación á música: 4 maio ás 20.30 h. no Auditorio Municipal Hernán Naval.
- Acordeón/Canto/Gaita: 5 maio ás 20.30 h. na EMMeD.
- Saxofón: 6 maio ás 20.30 h. na EMMeD.
- Frauta/Oboe/Fagot: 7 maio ás 20.30 h. na EMMeD.
- Guitarra: 10 maio ás 20.30 h. na EMMeD.
- Vento-metal: 11 maio ás 20.30 h. na EMMeD.
- Percusión: 12 maio ás 20.30 h. na EMMeD.
- Piano: 13 maio ás 20.30 h. na EMMeD.
- Clarinete: 14 maio ás 20.30 h. na EMMeD.
• Exames de instrumento – do 31 de maio ao 5 de xuño.
• Exames danza/ballet – 5 de xuño.
• Exames de linguaxe musical – do 7 ao 10 de xuño.
• Festival de Fin de curso – 25 de xuño ás 20.00 h. no Auditorio Municipal Hernán Naval.
miércoles, 10 de febrero de 2010
Bota a camiñar a II edición do Certame de Intérpretes Mozos Hernán Naval

viernes, 5 de febrero de 2010
CONCERTO BENÉFICO
As entidades organizadoras queren facer público o seu agradecemento a todas aquelas persoas ou entidades que fixeron posíbel o desenvolvemento dun concerto que contou co apoio e o traballo desinteresado do persoal do Auditorio Municipal Hernán Naval, de Gráficas Ribadeo e máis do claustro de profesoras e profesores da EMMeD de Ribadeo. Así mesmo destacan a boa predisposición mostrada en todo momento polas alumnas e alumnos da Escola Municipal de Música e Danza á hora de planificar ensaios co fin de preparar o concerto. Pero, sen dúbida, o maior agradecemento queren transmitilo ás persoas que se achegaron ao Auditorio Municipal Hernán Naval para presenciar o concerto e a todas e todos aqueles que depositaron os seus donativos na Fila Cero ao longo destes quince días.
martes, 26 de enero de 2010
ANTROIDO 2010
PODES ANOTARTE EN DIRECCIÓN ATA O SÁBADO DÍA 30 DE XANEIRO.
AS/OS ALUMNAS/OS CON IDADE INFERIOR AOS 9 ANOS DEBERÁN IR ACOMPAÑADOS DO SEU PAI/NAI OBRIGATORIAMENTE.
O PRIMEIRO ENSAIO QUE REALIZAREMOS SERÁ O SÁBADO 30 DE XANEIRO ÁS 16.00 h. NO COLEXIO GREGORIO SANZ.
O DISFRAZ SERÁ DE MEXICANOS. O MATERIAL NECESARIO SERÁ: UN PONCHO E UN SOMBREIRO MEXICANO.
CALQUERA DÚBIDA QUE TEÑADES PODEDES RESOLVELA EN DIRECCIÓN.
martes, 19 de enero de 2010
AVISO IMPORTANTE!
Este concerto está organizado pola Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, a Asociación Amadores da Música, a Asociación Cultural Musiqueando e máis o Concello de Ribadeo.
O obxectivo principal desta actuación é a recollida de fondos para axudar ás vítimas do sismo ocorrido en Haití polo que se fai un chamamento á participación masiva das e dos ribadenses. O diñeiro obtido pola venda de entradas, a un prezo de cinco euros, será doado á Cruz Vermella que levará a cabo traballos de axuda á reconstrución do país.
lunes, 18 de enero de 2010
CONCERTO BENÉFICO
O obxectivo principal deste evento é a recollida de fondos para axudar ás vítimas do sismo ocorrido en Haití polo que dende a organización se fai un chamamento á participación masiva das e dos ribadenses para respaldar coa súa presenza o apoio, dende a distancia, da vila de Ribadeo ao pobo haitiano.
O diñeiro obtido pola venda de entradas, a un prezo de cinco euros, será doado á CRUZ VERMELLA que levará a cabo traballos de axuda á reconstrcción do país unha vez que rematen as tarefas de retirada dos cascallos e máis de soterramento dos milleiros de mortos que deixa tras de si esta catástrofe natural. Así mesmo prestarán atención tanto médica como sicolóxica ás persoas que saíron vivas da traxedia. A cruz vermella forma parte da Coordinadora galega de ONG´s.
A organización pon en marcha tamén unha Fila Cero co obxectivo de que aquelas persoas que así o desexen ingresen alí o seu donativo malia que non podan asistir ao concerto. A conta estará aberta ao longo deste semana e até o 25 de xaneiro no Banco Pastor co número 0072 0207 11 0000104948.
Alén deste obxectivo principal, as entidades organizadoras fixeron fincapé noutro dos piares que moven a organización deste acto: fomentar o espírito de solidariedade entre as mozas e mozos que forman parte tanto da EMMeD de Ribadeo coma da Banda Municipal ribadense. Esta non é a primeira ocasión na que alumnas e alumnos da Escola e máis da Banda se suman a actos con fins solidarios e tanto dende o centro educativo coma dende a Banda mostran a súa disposición a seguir traballando nesta liña non só en momentos puntuais coma este, tamén ao longo de todo o ano alimentando a conciencia crítica dos rapaces e rapazas e convidándoos a poñer o seu gran de area para lograr un mundo máis xusto e igualitario.
jueves, 17 de diciembre de 2009
FESTIVAL DE NADAL

Un concerto cheo de sorpresas e novidades
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este
venres día 18 de decembro ás oito do serán no Auditorio Municipal
Hernán Naval o seu tradicional festival de Nadal.
Trátase dun dos eventos clásicos do nadal ribadense que un ano máis
agocha, en palabras do claustro de profesoras/es do centro, “numerosas
sorpresas e algún que outro detalle que se afasta moito do visto en
anos anteriores”. Un dos exemplos é a decoración que non vai ter nada
que ver co nadal. Os temas centrais do concerto son “o mar, a vila e
as xentes de Ribadeo” que irán achegándose ao escenario do auditorio
ribadense a través dun conto “con moitas referencias á sociedade da
comunicación na que vivimos onde as cartas mudan en e-mails”. Unha
historia onde non faltará a música de todas as alumnas e alumnos da
EMMeD de Ribadeo. “Haberá danza, gaita , clarinetes, saxofóns,
guitarras, piano, percusión... E no repertorio xogaremos cos ritmos
heteroxéneos, dende o jazz ás panxoliñas”, sinalaron as profesoras e
profesores do centro.
miércoles, 16 de diciembre de 2009
SUSPENSIÓN DAS CLASES
Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
martes, 17 de noviembre de 2009
CONCERTO DE SANTA CILLA
Dende a dirección do centro, queremos convidar a aistir ao concerto a todas as persoas que desexen celebralo con nós.
jueves, 5 de noviembre de 2009
COMUNICADO DO CLAUSTRO DE PROFESORES
Dende que se presentara publicamente o pasado 25 de outubro, o curso 2009 – 2010 a EMMeD de Ribadeo funciona con total normalidade tanto no plano académico coma no eido administrativo froito do traballo que realizamos durante as últimas semanas de setembro e comezos de outubro as e os docentes que compoñemos o claustro da EMMeD de Ribadeo. Un traballo que contou e conta, en todo momento, coa colaboración e o apoio constante da responsábel municipal de cultura, Mari – Luz Álvarez Lastra, a quen agradecemos o seu impulso e alento para a posta en marcha deste curso.
Todo elo nun ano que o centro afronta cun considerábel aumento de matrícula con respecto ao curso pasado e con máis especialidades no seu currículum académico. Conseguir un maior número de alumnas e alumnos así como mellorar a oferta docente é froito do traballo realizado ao longo do curso pasado polas profesoras e profesores da EMMeD de Ribadeo.
O noso esforzo e adicación evidenciouse nos diferentes festivais e actuacións celebrados cun grande éxito tanto de público coma tamén de crítica, recibindo a felicitación dos pais e nais e tamén dos alumnos e alumnas do centro. O seu respaldo repítese cada día cando acuden á escola, ben eles mesmos para recibir formación ou ben co seu neno ou a súa nena, o que nos convida a seguir traballando arreo para continuar adiante con este proxecto educativo – musical que é a EMMeD de Ribadeo.
As continuas críticas sen fundamento e máis as informacións erróneas verquidas nas últimas semanas sobre o traballo que nestes momentos se desenvolve na EMMeD de Ribadeo non significa senón o menoscabo da imaxe e o prestixio do que goza o centro tanto a nivel comarcal coma tamén no conxunto dos centros educativos – musicais de Galicia.
Ribadeo, 5 de novembro de 2009
viernes, 30 de octubre de 2009
NOTA INFORMATIVA
Unha vez comezado o curso 2009/2010 poñémonos en contacto con vós, para facilitarvos o calendario escolar, as actividades programadas para o primeiro trimestre e o horario de titorías de cada profesor.Tratando en todo momento de establecer unhas relacións fluidas e cordiais cos pais dos alumnos, para que a coordinación e a colaboración entre a acción do centro e a da familia sexan reais e efectivas.
CALENDARIO ESCOLAR
Período de vacacións:
Nadal: dende o 23 de decembro ata o 10 de xaneiro (ambos inclusive).
Semana Santa: dende o 27 de marzo ata o 5 de abril (ambos inclusive).
Verán: a partires do 25 de xuño.
Días non lectivos:
Ademais das festas de ámbito nacional e da Comunidade Autónoma, consideraranse non lectivos segundo o calendario escolar os seguintes:
- 2 de novembro de 2009
- 18 de maio de 2010
Para resolver calqueira dúbida, poden consultar o calendario que está colgado no taboleiro de anuncios do centro.
ACTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE
As actividades que a continuación se citan son as que oficialmente están previstas realizar durante o primeiro trimestre sen perxuízo de que poida xurdir algunha outra que sexa de interese.
Darase cumprida información dos ensaios a realizar con suficiente antelación por parte do profesorado implicado.
· Concerto de Santa Cilla - 18 novembro ás 20.30 h. no Salón de Actos da Casa do Mar.
· Concertos no Mercado de Nadal – 4, 5 e 7 de decembro no Parque Municipal.
· Exames de instrumento – do 9 ao 12 de decembro.
· Festival de Nadal – 18 de decembro ás 20.00 h. no Auditorio Municipal Hernán Naval.
TITORÍAS
- Olalla Canoura: Luns de 17.00 a 17.30 h.
Mércores de 16.15 a 16.45 h.
- Valentín Prieto: Luns de 16.30 a 17.00 h.
(Prisco) Luns de 19.30 a 19.45 h.
Xoves de 17.15 a 17.30 h.
- Martín Bucki: Luns de 21.45 a 22.00 h.
Mércores de 15.30 a 16.00 h.
Mércores de 19.15 a 19.30 h.
- Marcos Rodríguez: Luns de 19.15 a 19.30 h.
Martes de 17.30 a 17.45 h.
Mércores de 18.15 a 18.30 h.
Venres de 21.45 a 22.00 h.
- Luis Rodil: Martes de 11.30 a 12.00 h.
Venres de 22.15 a 22.45 h.
- Dolores Fernández: Mércores de 14.00 a 15.00 h.
- Rubén Solloso: Venres de 19.45 a 20.45 h.
- Ismael Porto: Martes de 16.15 a 16.30 h.
Mércores de 16.45 a 17:00 h.
Xoves de 18.30 a 19.00 h.
- Eugenio Lage: Luns de 18.15 a 18.45 h.
Luns de 20.45 a 21.15 h.
- David Ballester: Martes de 20.15 a 20.45 h.
Mércores de 16.45 a 17.15 h.
- Hugo García: Luns de 18.30 a 19.00 h.
Xoves de 18.00 a 18.30 h.
- Tamara García: Luns de 17.00 a 17.30 h.
Martes de 17.00 a 17.30 h.
- María Justo: Venres de 16.30 a 17.30 h.
- Montserrat Expósito: Xoves de 13.30 a 14.30 h.
- Juan Barcón: Mércores de 19.45 a 20.45 h.
Agardando a participación de todas e todos, convidámosvos a presentar propostas ou iniciativas que vos parezan de interese.
O Claustro de profesores
martes, 22 de septiembre de 2009
Comeza un novo curso!!!
Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2009/2010. Como todos os anos o noso compromiso é o de ir avanzando na mellora do centro, para o cal é imprescindible a vosa colaboración. Partindo desta premisa convocámosvos a unha reunión o vindeiro venres 25 de setembro ás 20.00 h. no salón de actos da Casa do Mar (1º andar), na que trataremos os seguintes temas:
- Presentación oficial do curso.
- Información da situación actual do centro.
- Marcación dos horarios das clases de Linguaxe Musical, Iniciación á Música e Danza/Ballet.
- Fixación do calendario para marcación das clases individuais.
Agardando a vosa presenza, recibide un cordial saúdo.
sábado, 4 de julio de 2009
Actividades en Xullo!!
- Día 4 de Xullo - I FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA INFANTIS, ás 19:30 horas no Quiosquo da Música en Ribadeo.
Dentro da I XORNADA MÚSICO-CULTURAL DE RIBADEO:
- 13 a 17 de Xullo Audicións activas da Música Clásica.
20 a 24 de Xullo Audicións activas da Música do século XX.
Para poder ampliar a nosa cultura sobre os distintos periodos da música, para aprender a escoitar, e saber o que se escoita. - 13 a 17 de Xullo Cursiño de Informatica Musical.
Ten como obxectivo de acercar os participantes aos programas de edición de partituras, como tamén, para que poidan aprender a facer xogos de melodías. - 6 a 10 de Xullo Taller de Música Tradicional.
A Música Tradicional cada vez está un pouco máis apartada da xuventude, polo tanto, queremos ensinarlles que a Música Tradicional pode ofrecer clases moi divertidas. - 13 a 17 de Xullo Cursiño de percusión para pais e fillos.
Neste apartado o que queremos é dar a posibilidade de mostrar aos pais, o traballo que realiza o seu fillo durante o curso escolar, ao mesmo tempo, que aprenda unhas poucas nocións sobre a materia, para que durante o curso lectivo poida axudar ao seu fillo na casa. - 20 a 24 de Xullo Cursiño de Reparación e mantemento do Clarinete/Frauta.
Uns dos obxectivos principais, é achegar ao pai/nai a esta materia, para poder axudar ao nen@, a reparar o instrumento. Traballarase a desmontaxe e montaxe completa do clarinete/frauta para a limpeza, cambio de zapatillas, muelles, etc... - 13 a 17 de Xullo Curso de Guitarra – Taller de acompañamento.
Aprender os mecanismos ritmicos e melódicos dos distintos estilos musicais. - 20 a 24 de Xullo Curso de Guitarra – Taller Melódico.
Aprender os recursos técnicos e teóricos básicos na execusión e interpretación de melodías. - 27 a 31 de Xullo Encontro de Orquestra e Saxofóns
13 a 17 de Xullo Encontro de Grupo de Clarinetes.
Curso adicado á pratica do Saxofón/Clarinete dentro dunha agrupación, na que se traballará repertorio proprio destes instrumentos así como adaptacións doutros estilos. - 27 a 31 de Xullo Encontro de Música de Cámara.
Neste encontro, realizaremos varias formacións de grupos de música de càmara, para praticar o máis variado repertorio, xogar coas distintas carectirísticas de cada instrumento, e para que os alumnos se sociabilizen entre todos. - 16 de Xullo - Ensemble de Clarinetes da E.M.M.eD., no Pregón do Carmen en Ribadeo.
- 18 de Xullo - Participación da Banda Municipal de Ribadeo, no Festival de Bandas en Pola de Siero (Asturias)
- 25 de Xullo - XIV Festival de Bandas Ribadeo, ás 19:00 horas, na Praza da Música de Ribadeo.
jueves, 18 de junio de 2009
Aqui está a IV edición Campamento Musical Ribadeo 2009
Para ter máis información, chamade aos teléfonos: 982130856 ou 629881930, tamén a través do correo electrónico: amadoresdamusica@hotmail.com ou esmu.municipal.ribadeo@edu.xunta.es
Estamos esperándovos polo tanto, Animádevos.
miércoles, 3 de junio de 2009
2 citas moi importantes para a E.M.M.eD. de Ribadeo.
O Director da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo e da Banda Municipal de Ribadeo (BMR), Lourenço Cruz, participará esta noite no programa de Localia ORT "Plató Aberto". Nel dará a coñecer o traballo que se realiza a nivel educativo - musical tanto na EMMeD coma na Banda Municipal así como os futuros proxectos a presentar.
Así que xa sabedes, a cita está en Localia ORT a partir das once da noite.
Lourenço Cruz, Director da E.M.M.eD. viaxará a Bizkaia (Getxu).
O vindeiro 5 de Xuño o Director da E.M.M.eD. viaxará a Bizkaia (Getxu), como convidado pola (UEMYD) Asociación Española de Escuelas de Música y Danza, para presentar a E.M.M.eD. e intercambiar realidades e inquietudes, para detectar pontos comuns que poidan xenerar futuras coloboracións.
Está previsto un encontro de escolas de música na sede da "Asociación de Escuelas de Música del País Vasco" - Euskal Herriko Musika Eskolen Elkartea (EHME), en Getxo (Bizkaia).
lunes, 1 de junio de 2009
Recta final do Curso 2008-2009!!!!!!
Audicións e Concertos:
- Día 06 de Xuño 2009, ás 20:30h - Concerto-Presentación da "ORQUESTA DE CÁMARA DE RIBADEO", no Cine-Teatro de Ribadeo.
- Día 10 de Xuño 2009, ás 20:30h - Audición dos alumnos/as da clase iniciación á Música, no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.
- Día 11 de Xuño 2009, ás 20:30h - Audición dos alumnos/as da clase de Piano, nas instalacións do Centro.
- Día 12 de Xuño 2009, ás 18:00h - Actuación do Grupo de Danza/Ballet, no "Festival de Loita Contra o Cancer", no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.
- Día 19 de Xuño 2009, ás 10:00h e 12:00h - "Concertos Didácticos" para os colexios, no Cine-Teatro de Ribadeo
- Día 21 de Xuño 2009, ás 13:00h e 17:00h - Participación do Grupo de Danza/Ballet e máis Agrupación Musical da E.M.M.eD., no "II Encontro de Escolas Municipais de Música" en Vigo (Pontevedra) organizado pola A.G.E.M.M.
- Día 26 de Xuño 2009, ás 19:00h - "Festival Fin de Curso" no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.
Exames finais:
- Do día 1 ata 4 de Xuño de 2009 - Exames de Linguaxe Musical.
Nota: Para saber que día, hora e programa a traballar, que lle corresponde consultar ao seu profesor.
Esperamos seguir contando co seu apoio e co seu aplauso nos concertos, e aproveitamos para desexar moita sorte para aqueles que teñen que afrontar os exames finais.
A Dirección do Centro.
miércoles, 6 de mayo de 2009
CHEGOU O MES DE MAIO!!!
- Día 7 de Maio 2009, ás 20:30h - Audición de Frauta / Oboe / Fagote na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
- Día 13 de Maio 2009, ás 20:30h - Audición de Guitarra, na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
- Día 14 de Maio 2009, ás 20:30h - Concerto das "Letras Galegas", no Cine-Teatro de Ribadeo, polos alumn@s da E.M.M.eD. de Ribadeo.
- Día 23 de Maio 2009, ás 21:00h - Concerto da "Agrupación Instrumental Musiqueando", na parroquia de Celeiro de Mariñaos.
- Día 16 de Maio 2009, ás 20:30h - Concerto das "Letras Galegas" pola Banda Municipal de Ribadeo, no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.
Exames finais:
- Do día 25 ata o 30 de Maio 2009, todolos día das 16:00h ata 20:00h - Exames de Instrumento.
- Día 30 de Maio 2009, ás 10:00h - Exames de Danza-Moderna / Ballet-Clásico.
- Do día 1 ata 4 de Xuño de 2009 - Exames de Linguaxe Musical.
Nota: Para saber que día, hora, aula e programa a presentar, que lle corresponde consultar ao seu profesor.
Esperamos seguir contando co seu apoio e co seu aplauso nos concertos, e aproveitamos para desexar moita sorte para aqueles que teñen que afrontar os exames finais.
A Dirección do Centro.
sábado, 28 de marzo de 2009
¿E logo, no mes de Abril que??
- 4 de Abril 2009, ás 18:00h - A Banda Municipal de Ribadeo actuará no "Festival de Bandas de Sober" (Lugo)
- 4 de Abril 2009, ás 17:00h - Grupo de Danza da E.M.M.eD. actuará na apertura dunha "Exposición no Forte San Damián" (Ribadeo)
- 5 de Abril 2009, ás 20:30h - Concerto de "Semana Santa 2009" da Banda Municipal de Ribadeo, no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.
- 10 de Abril 2009, ás 19:00h - A Banda Municipal de Ribadeo, acompañará a Procesión de "Semana Santa 2009" de Ribadeo.
- 12 de Abril 2009, ás 12:30h - Participación da Banda Municipal de Ribadeo na "VI Semana da Música" en San Martiño de Mondoñedo (Foz).
- 12 de Abril 2009, ás 17:00h - Trío de Trompas da E.M.M.eD. de Ribadeo, grabarán para a Radio local.
- 17 de Abril 2009, ás 20:30h - Audición Vento Metal, da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, na Escola.
- 21 de Abril 2009, ás 20:30h - Audición de Violín, da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, na Escola.
- 23 de Abril 2009, ás 20:30h - Audición de Saxofón, da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, na Escola.
- 29 de Abril 2009, ás 20:30h - Actuación da Aula de Danza / Ballet, da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo.
