martes, 19 de enero de 2010

AVISO IMPORTANTE!

Por motivos alleos á organización do evento, o Concerto Benéfico que se ía celebrar o vindeiro venres día 22 de xaneiro ás 20.30 horas no Cine Teatro trasládase ao Auditorio Municipal Hernán Naval.

Este concerto está organizado pola Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, a Asociación Amadores da Música, a Asociación Cultural Musiqueando e máis o Concello de Ribadeo.

O obxectivo principal desta actuación é a recollida de fondos para axudar ás vítimas do sismo ocorrido en Haití polo que se fai un chamamento á participación masiva das e dos ribadenses. O diñeiro obtido pola venda de entradas, a un prezo de cinco euros, será doado á Cruz Vermella que levará a cabo traballos de axuda á reconstrución do país.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Non ven ó caso pero, ¿Alguen sabe si este ano haberá comparsa para carnaval?

Anónimo dijo...

Pos no... non ven ó caso, pero si temos comparsa para carnaval.