miércoles, 8 de junio de 2011

Ribadeo acollerá un curso de improvisación, jazz e música moderna


A Delegación de Cultura do Excmo. Concello de Ribadeo, a Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, a Asociación Cultural Musiqueando e máis a Asociación Amadores da Música organizan o primeiro curso de improvisación, jazz e música moderna que se celebrará na vila ribadense os vindeiros días 24,25 e 26 de xuño.

O profesor de vento-metal da EMMeD de Ribadeo, Rubén Solloso, foi a persoa que propuxo a celebración deste curso no que participarán o pianista Sergio Delgado, o batería Antonio Manuel Torres e máis o saxofonista José García. Os tres contan con ampla experiencia no mundo do jazz e máis da improvisación como integrantes de big-bands ou de formacións de música moderna.

A actividade terá lugar nas instalación da EMMeD de Ribadeo, na Casa do Mar (Rúa Clemente Martínez Pasarón de Ribadeo) e ten un custe de 60€ para as alumnas e alumnos da EMMeD de Ribadeo e de 70€ para o resto. A inscrición pode formularse até o 17 de xuño na propia EMMeD de Ribadeo ou por correo ordinario. Toda a información está dispoñíbel no teléfono 677.73.40.84 ou ben no enderezo electrónico rubn_solloso@yahoo.es

No hay comentarios: