lunes, 28 de junio de 2010

PRAZO DE MATRÍCULA

O vindeiro 1 de xullo, abrirase o prazo de matrícula na EMMD de Ribadeo para o novo alumnado que desexe realizar estudos en calquera das especialidades ofertadas o próximo curso. Os impresos formalizaranse no propio centro en horario de 10.00 a 14.00 horas, ata o 15 de xullo.

Así mesmo, as alumnas e alumnos que estudaron este curso no centro, e xa formalizaron a matrícula, poden pasar a recollelas durante o mesmo prazo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola!
Isto mais que un comentario é unha pregunta.Son mestra e o certo é que nunca sei onde vou ir a parar ata finais de agosto, polo que, tanto eu como a miña nena de 5 anos deixamos sen facer un montón de cousas por non nos matricular, xa que os prazos sempre se anticipan ao coñecemento do novo destino.Deixades en reserva algunha praza para setembro? ou o que é o mesmo, se quedamos aquí poderiamos optar aínda a matrícula?
Saúdos.

administrador dijo...

Ola!!!
En setembro abrirase un novo prazo de matrícula entre os días 15 e 22. Nesas datas as persoas interesadas en matricularse no centro poderán facelo nas materias nas que aínda queden prazas libres.

Anónimo dijo...

Moitísimas grazas pola resposta,aínda queda esperanza.....