A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, día 18 de decembro ás 18.00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, o seu tradicional festival de Nadal.
Trátase dunha das actuacións clásicas na programación cultural do Nadal ribadense e unha das que goza de maior afluencia de público. En total serán 13 as agrupacións que pasarán por riba do escenario nunha tarde-noite na que os ritmos clásicos deixarán paso ás panxoliñas, ao pop, ao soul e máis aos éxitos do momento. Grupos de guitarras, de pianos, de danza, de metais, saxos, clarinetes, percusión, un grupo tradicional ou unha orquestra clásica son as formacións que van actuar nun concerto que coma todos os anos virá cargado de sorpresas e de momentos especiais cos que poñer punto e final ao primeiro trimestre na EMMeD de Ribadeo.

4 comentarios:
Magnífica idea de facer o festival o sábado pola tarde. Seguro que será un gran éxito. Ata mañá. Moita sorte e Bo Nadal.
Unha vez máis NORABOA!!!
Poñer en marcha a idea, respaldar o traballo, supervisalo, levalo a cabo, ... e protagonizalo. As moitas actuacións fanse fluidas e todos e todas teñen o seu protagonismo. As ausencias presentes se soportan mellor e a hora da hora e media faise cómoda. Non sei como o facedes pero funciona. Saúdos e que poidamos seguir aproveitando o voso traballo. Feliz Nadal!!
Tiña eu razón...Excelente festival...Noraboa a todos.
Pois agora toca preparar o entroido
Publicar un comentario