martes, 21 de septiembre de 2010

PRESENTACIÓN DO CURSO 2010-2011

Benqueridos pais, nais e alumnos/as da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo:


Dámosvos a benvida ao novo curso escolar 2010/2011. Como todos os anos o noso compromiso é o de ir avanzando na mellora do centro, para o cal é imprescindible a vosa colaboración. Partindo desta premisa convocámosvos a unha reunión o vindeiro venres 24 de setembro, ás 20.00 h. no propio centro, na que trataremos os seguintes temas:


-Presentación oficial do curso.

-Información da situación actual do centro.

-Fixación do calendario para marcación das clases.


Para maior comodidade, adiantamos os horarios que se seguirán os días de asignación de clases:

-Luns 27 setembro: Iniciación á música, piano, percusión, frauta

-Martes 28 setembro: Guitarra, clarinete, oboe, fagot, violonchelo, canto, vento metal

-Mércores 29 setembro: Acordeón, gaita, violín, saxofón

Para todas as materias, o horario para marcar as clases será o seguinte:
Alumnado 1º curso – 17.30-18.00 h.
Alumnado 2º curso – 18.00-18.30 h.
Alumnado 3º curso – 18.30-19.00 h.
Alumnado 4º curso – 19.00-19.30 h.
Alumnado 5º curso – 19.30-20.00 h.
Alumnado 6º, G. P. e adultos – 20.00-20.30 h.

Así mesmo, o alumnado que aínda non escollera horario de linguaxe musical ou teña calquera tipo de dúbida, poderá falar co profesor correspondente durante eses días.


Agardando a vosa presenza, recibide un cordial saúdo.




A Dirección

6 comentarios:

xasabedesquenfoi.com dijo...

Boas tardes:
Alégrome moitísimo de que por fin empece o novo curso, xa tiña ganas de empezar coa rutina da música e poder reencontrarme con todos vós, xente estupenda e marabillosa onde a haxa (¡¡¡Señor que ben me quedou!!!), tamén dicirvos que non todo serán flores e neste blog dareivos algún que outro coscorrón, debo aclarar que mais ben, pa non aburrirme.
Doutra banda, logo de habervos feito un pouco a pelota, dicirvos que este ano espero ser o primeiro niso, pois levo uns cantos anos intentando gañar o primeiro posto e por uns motivos ó por outros nunca consigo baixar do posto 10º ó 12º.
Cambiando moito de tema e para que o teñades presente, dicirvos, que polos baixos fondos da escola, coméntase que o Grupo de Metais, dirixido maxistralmente polo Mestre, Rubén Solloso, esta preparándose duramente para facerse un oco neste difícil mundo e poder sobresaír (aínda mais se cabe) en audicións e demais actuacións que teñan durante este curso.
Bueno, un saúdo.

Anónimo dijo...

hablando de todo un poco...opino que los alumnos que tengan dificultades para ir a clase (bien porque sean de lejos o bien porque trabajen) deberian ser los primeros en elegir horarios...

...un ex-alumno... dijo...

Estoy de acuerdo en esto último, los de fuera deben tener preferencia en escoger.Ccomo en los colegios, los de fuera (los que vienen de lejos o "trabajan")tambien empiezan la clase mas tarde que el resto.... por favor Señores a donde queremos llegar... hay unas normas y punto... a quien le sirvan genial y a los demas pues hay que amoldarse un poco.Insisto, en los colegios tambien se le dice al director a principio de curso, que su hijo va entrar mas tarde porque viene de fuera?.Este centro creo que es una Escuela de Música, no una Ludoteca.En fin,sin comentarios...

xasabedesquenfoi.com dijo...

Xa... Pero el "problema" e ese...alguns/as consideranlo unha ludoteca,e aun pior... un lugar onde entreter os picariños 1 par de horiñas, e cando toca ter que ir mais veces a semana por que temos audicions, ou ter que comprar un instrumento, ou empezar a facer examenes, etc,etc...pois a solucion e facil... non se volve mais e punto, e claro, asi, sempre temos a alguen que sale perxudicado, e inevitable.
Gracias a Deus estos que describin son so os poucos.

Anónimo dijo...

Home, hai de todo. O principal problema segundo o meu punto de vista é que a maioría dos cativos teñen exceso de actividades e a escola de música non é unha das prioridades, tense como actividade secundaria ou complementaria e así nos vai. Na EMMeDR ainda despois de poñer os horarios, penso que en casos ben xustificados sempre se pode amañar, ben directamente co profe ou ben en troques con outro alumno, pero claro si só miramos a nosa comodidade non hai forma de poñernos de acordo.

xasabedesquenfoi.com dijo...

Totalmente de acordo co anonimo anterior, pero bueno, non temos que mayar xa moito mais con isto, segun vaya pasando o curso, vanse limando asperezas e dentro duns meses todos contentos, cando empeza o curso, aqui e nos demais centros de insino pois sempre salen alguns problemas, o que conta e que os finais de curso sempre son relaxados, amenos e notase que mais ou menos, todos o pasamos ben e temos xa ganas de empezar o seguinte. Animo a todos e a divertirse o que poidamos durante este curso.