Grazas por conseguir que todo canto traballo levabamos feito durante os últimos meses dese os seus froitos na tarde do domingo a xeito dun dos nosos mellores concertos.
Grazas por facer disfrutar ao público mentres vós disfrutabades tocando.
E sobre todo grazas por formar unha gran familia que deixou ben alto o nome de Ribadeo en Catalunya.
dous oboes, un corno inglés, cinco frautas, dezaseis clarinetes, sete trompas, cinco trompetas, dous bombardinos, un fagot, dez saxos, tres tubas, cinco trombóns, un contrabaixo, un piano, cinco percusionistas e un director, para todas e todos eles nada mellor cás verbas de Jan Van der Roost:
Banda Municipal de Ribadeo: "orchestra which many excelent players and global qualitees, Bravo!"
Tan só nos queda unha débeda pendente, que o público ribadense consiga emocionarse, como se emocionou o de La Sénia, escoitando Chess.
5 comentarios:
Quedamos en terceros no?Por lo que dice el Dire. tenemos unas notas muy buenas no?Que creeis que pasó?Un saludo
Pasou que un "director" chamado García Asensio, botou as puntuacións por terra. eu creo que debeu botar unha boa sesta mentres tocabamos e despertou co final apoteósico de Chess, senon non o entendo
Yo estuve allí, y fue la primera vez que he llorado escuchando una banda, enorabuena Ribadeo!
P.S. Yo iba con la banda de Bandeira!!Felicidades por vuestro Blogger...
Noraboa a todos os que compoñedes esa gran familia que é a Banda de música de Ribadeo.
Unha forte aperta dende a "Costa da vida"
O das puntuacions e dificil de entender se non formas parte do xurado, cada xuiz ten as súas pautas e cando se ve tanta calidade xunta (que a puxeron tódalas bandas), non e facil puntuar, calquera mínimo detalle é decisivo. Noraboa e quedadebos ca boa imaxe ofrecida e cos eloxios do xurado e os aprausos do público. Gracias por deixar o nome de Ribadeo onde lle corresponde e seguide a traballar. Noraboa Sr. director
Publicar un comentario