martes, 22 de noviembre de 2011

Novo blogue da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vén de poñer en marcha un novo blogue que servirá como espazo de comunicación do centro na rede.
O enderezo é:

Agora toda a información da EMMeD de Ribadeo poderás consultala no novo enderezo.

Graciñas!

jueves, 4 de agosto de 2011

Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo

Durante os vindeiros días 9, 10, 12, 13 e 14 de agosto, terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval o Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo. Nesta edición participarán grandes músicos que interpretarán obras de Beethoven, Schumann, Liszt, Bach... entre outros.

Toda a información en: http://www.fimcr.com/

jueves, 30 de junio de 2011

MATRÍCULA PARA O CURSO 2011-2012

Do 1 ao 15 de xullo estará aberto o prazo de matrícula na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. Será en horario de 10 a 13 horas nas instalación da propia escola.

miércoles, 8 de junio de 2011

Ribadeo acollerá un curso de improvisación, jazz e música moderna


A Delegación de Cultura do Excmo. Concello de Ribadeo, a Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, a Asociación Cultural Musiqueando e máis a Asociación Amadores da Música organizan o primeiro curso de improvisación, jazz e música moderna que se celebrará na vila ribadense os vindeiros días 24,25 e 26 de xuño.

O profesor de vento-metal da EMMeD de Ribadeo, Rubén Solloso, foi a persoa que propuxo a celebración deste curso no que participarán o pianista Sergio Delgado, o batería Antonio Manuel Torres e máis o saxofonista José García. Os tres contan con ampla experiencia no mundo do jazz e máis da improvisación como integrantes de big-bands ou de formacións de música moderna.

A actividade terá lugar nas instalación da EMMeD de Ribadeo, na Casa do Mar (Rúa Clemente Martínez Pasarón de Ribadeo) e ten un custe de 60€ para as alumnas e alumnos da EMMeD de Ribadeo e de 70€ para o resto. A inscrición pode formularse até o 17 de xuño na propia EMMeD de Ribadeo ou por correo ordinario. Toda a información está dispoñíbel no teléfono 677.73.40.84 ou ben no enderezo electrónico rubn_solloso@yahoo.es

miércoles, 1 de junio de 2011

ACTIVIDADES 3º TRIMESTRE

• Exames de instrumento – do 30 de maio ao 4 de xuño.
• Exames danza/ballet – 4 de xuño.
• Exames de linguaxe musical – do 6 ao 9 de xuño.

• Concerto Orquestras de cámara – as agrupacións do Centro de Música Profesional Fingoi (Lugo) e da EMMD, realizarán concertos conxuntamente no Cine-Teatro de Ribadeo (3 de xuño ás 20.00 h.) e no Centro Sociocultural Fingoi (11 de xuño ás 17.30 h.).

• Festival de Fin de curso – 18 de xuño ás 18.00 h. no Auditorio Municipal Hernán Naval.
• Concerto didáctico – 20 de xuño para centros de ensino da provincia.
• Actuación alumnas de ballet – 24 de xuño ás 20.00 h. no festival “Siero baila” (Pola de Siero, Asturias).

• Matrícula curso 2011-2012 (só para o alumnado matriculado no presente curso) – do 21 ao 30 de xuño, de luns a venres entre as 16.00 e as 20.00h. no propio centro.

miércoles, 18 de mayo de 2011

martes, 5 de abril de 2011

Xa está en marcha a III edición do Certame de Intérpretes Mozos Hernán Naval

O Certame de Intérpretes Mozos Hernán Naval de Ribadeo chega xa á súa terceira edición. Este ano celebrarase os días 4 e 5 de xuño de 2011.
Toda a información do mesmo podes atopala no seguinte enlace:


Agardamos contar contigo!!